A xustiza pola man

O que pon en evidencia a benevolente sentenza contra os cinco membros da “Manada” sentenciados a 9 anos de prisión por “abuso sexual”, no canto de “agresión sexual”, penado con máis anos de cárcere, é que o Código Penal español está redactado desde unha óptica machista e patriarcal. É certo que non houbo violencia, a … Seguir lendo A xustiza pola man

O master de Cifuentes tráeme sen coidado

Así de claro o digo. É un affaire máis do mar de corrupción do Réxime do 78, que sinceramente é peccata minuta con ter presas na cadea a Puigdemont, a Junqueras, a Jordi Sánchez, a Jordi Cuixart, a Carme Forcadell, a Dolors Bassa, a Raul Romeva, a Jordi Turull, a Josep Rull e a Joaquim … Seguir lendo O master de Cifuentes tráeme sen coidado

En Marea, centrados nos problemas de España

En Marea, a confluencia “podemita” galega, entrou no Congreso anunciando que serían a voz de todas as galegas e galegos, tentando así eclipsar os 20 anos do BNG Madrid. Nada máis lonxe. O movemento demóstrase andando e os feitos deixan negro sobre branco que a realidade é moi distinta. Aquí un exemplo: con todos os … Seguir lendo En Marea, centrados nos problemas de España

Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Lidia Senra é de Anova e polo tanto está vinculada a En Marea. Isto é un feito, non é discutíbel. Foi a candidata de Alternativa Galega de Esquerdas, marca política de usar e tirar de Anova e Esquerda Unida, que se asociou con Podemos para acudir ás Eleccións Europeas de 2014. Ademais, como eurodeputada está … Seguir lendo Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Por que Catalunya non declara a independencia?

Despois da celebración do referendo de autodeterminación do 1 de outubro, o momento clave para Catalunya era a proclamación da independencia, que, segundo a lei aprobada polo Parlament, tería que ser en pleno e votada polos deputados e deputadas. Ese día era o 10 de outubro, mais ese día nin houbo votación nin houbo proclamación, … Seguir lendo Por que Catalunya non declara a independencia?

O 155 e o machismo español

Os líderes políticos dos partidos españois, entre eles Pedro Sánchez, repiten como un mantra que a aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya depende en exclusiva de Puigdemont e dos partidos independentistas, deixando entrever que eles, os españois, non queren aplicalo, pero non lles queda outra se queren restaurar a (súa) legalidade. Isto recórdame … Seguir lendo O 155 e o machismo español

O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O vídeo Help Catalonia fíxose viral nas redes sociais. Non hai medio que non fale del. Podo entender os motivos que suscitaron a edición deste vídeo. Catalunya sempre mirou a Europa e Europa sempre mirou para eles. Mais pinchan en óso. A Unión Europea non está pola labor de botar unha man ao pobo de … Seguir lendo O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O problema non é o PP, é España

Recoñezo na miña inxenuidade que agardaba outra cousa do discurso de Felipe VI. Agardaba que dentro da chamada lóxica, desde o seu punto vista, á legalidade, tivese tamén palabras de alento para as persoas represaliadas o pasado domingo en Catalunya polo simple feito de querer votar, tendendo pontes cara unha sociedade que neses intres ocupaba … Seguir lendo O problema non é o PP, é España

Ola ditadura

O Estado español nunca foi un estado democrático. Desde a morte do Ditador, Francisco Franco, dotouse dunhas estruturas para que nada mudara, para que todo seguise "atado y bien atado". Así aguantou dese 1975 até hoxe 1 de outubro 2017, que caeu o manto democrático con que tapaba o seu verdadeiro rostro autoritario e antidemocrático, … Seguir lendo Ola ditadura

Que non ten enganen, non é posíbel un referendo con garantías

“A Constitución fundaméntase na indivisolúbel unidade da Nación española”. Con este artigo na man da “Carta Magna”española non hai “garantías” (nin políticas nin legais) que valan para celebrar ningún referendo de autodeterminación, como defenden Podemos e as súas distintas marcas políticas. Outra cousa é que se modificase a Constitución e se eliminase este artigo do … Seguir lendo Que non ten enganen, non é posíbel un referendo con garantías