Hai debate, pero Fraga e Touriño non van

Hoxe, ás 23:20 h., e na TVG hai debate televisado entre os candidatos ao Parlamento de Galicia. Debaterán Anxo Quintana, Méndez Romeu e Feijoo, Fraga e Touriño, os dous presidenciabeis do PP e do PSOE non van. Fraga non vai, porque o PP quere evitar a foto e o contraste físico de ver a un Fraga decrépito físicamente, ainda que non mentalmente, por suposto. E Touriño non vai porque Fraga tampouco vai.

Que Fraga non queira debater non é ningunha novidade, el non fala con ninguén, pero que Touriño non acuda ao debate deixao en moi mal lugar, denota unha cobardía política que xa dabondo demostrou: ausencia da manifestación de ENCE en Pontevedra desta fin de semana.

zp touriñoTouriño rehusa os debates e os conflitos importantes, Touriño parapétase detrás de ZP. Touriño prefire a parafernalia mediática a dar a cara diante de todos os cidadáns, sabedor de que a propaganda, o marketing político, crea unha imaxe del que non é real, pero que vende e resulta atractiva ao electorado. Touriño perdeu unha oportunidade única de deixar só a Fraga, de deixalo aillado, pero prefire facerlle compañía e mirarán esta noite o debate pola tele.

Falando de marketing político, resulta que a semana pasada o BNG presentou no Congreso unha proposición non de lei para eliminar as peaxes de Rande e a Barcla; PSOE e PP votaron en contra da mesma, pero ZP o venres en Vigo dixo que ía eliminar a peaxe de Rande. Curiosa xeito de demostralo, reixanto esa posibilidade no Congreso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.