Nazón de Breogán,…. y olé!!!!

Despois da reforma do Estatuto, -se finalmente se leva a cabo-, haberá que retomar a reforma do Himno Galego, -co permiso de Pondal-, e engadirlle ao remate de cada estrofa un “Olé!!!”, “a lo español”.
Non sei que pretendía a socialista Dolores Villarino (Vilariño que diríamos algúns), presidenta do Parlamento Galego, coa flamencada coa que nos obsequiou hoxe na celebración do 25 aniversario do Parlamento de Galiza, mesmo para cantar o himno galego. Sinceiramente en data tan sinalada, e se os socialistas lles molesta o son dunha gaita, pois que as súas señorías canten o himno a capella (se o saben, claro).

A este paso o próximo que nos queda por ver é o himno galego coa música a ritmo do himno español, como a parodia de Mofa e Befa que fixeron no Festigal deste ano.

En fin, esta é a “España plural”.

4 opiniones sobre “Nazón de Breogán,…. y olé!!!!

  1. Estes “modernos” amantes da publícidade da coca-cola,por aquelo da mistura das razas,da mistura de culturas,quando nom defendem e lutam po-la nossa,e a negam, até o perigo da extinçom.Estes amantes da “Fusion” som o auténtico perigo do nosso País.Esta ” Lola Robinson” que temos que aturar de presidenta do parlamento,esta “Adaliz” da politica é a representadora de estes “Progres”. Umha turma de cretínos,que tenhem a Galiza ao pairo.

    Gústame

  2. O sábado estiven no Parlamento de visita e pregunteille ao cicerone a que carallo viña todo ise montaxe de DIALOGO posto en inox na rella e os colgante de chapiñas de inox postas de “adorno”…O cicerone dixo que eran cousas da presidenta…A min paréceme todo unha chabacanería de moderno-progre-novo-rico, (como os indianos dos haigas), e ademais un despilfarro de cartos públicos para encher o peto dalgún “deseñador” amigo…nembargantes teño que decir que gostoume moito a coleción de cadros de gran formato que hai polos corredores, iso paréceme algo mais serio, (e cartos culturais mellor empregados)…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.