Sergas vs línux

En algunha ocasión, como usario do Servizo Galego de Saúde, utilicei o servizo de cita previa da páxina web do SERGAS, sobre todo para evitar a habitual saturación de liñas telefónica, e nunca tiven problemas para facelo. Dun tempo a esta parte, desde que que actualizaron a web, é imposíbel facer uso deste servizo usando o meu ordenador, mesmo fixen unha Chuzada para saber se era problema meu ou era un problema xeralizado.

Esta fin de semana tentei outra vez (e digo ben, tentei) entrar na páxina web do SERGAS para solicitar cita previa. Tamén me foi imposíbel (pego aquí un pantallazo co resultado). Esperei a hoxe e probar no ordenador do traballo, e “Voilá”. Funcionou!!, puiden entrar sen problemas. Daquela onde está o problema?.

Na miña casa uso sempre Línux (Ubuntu) e páxina do SERGAS non carga, no traballo Windows, e a páxina do SERGAS carga sen problemas. Conclusión: a páxina do SERGAS despreza aos usuarios que non usen o sistema privativo de Microsoft.

Fago un chamamento á comunidade de usuarios línux para que tenten entrar nesta páxina e ver se só eu teño problemas co meu línux ou é algo xeralizado a este sistema operativo, libre e de baixo custe. Se é un problema meu, – que non entendo porque se me banea deste xeito, pero bueno-, mirarei de solucionalo (aínda que non sei como), pero o que me temo é que é un problema da nova páxina do SERGAS, que rexeita aos usuarios que utilicen línux, algo inédito, por outra parte, para un servizo que pretende ser público e polo tanto, o servizo que presta debe ser accesíbel para todos, á marxe da plataforma informática que utilicen.

3 opiniones sobre “Sergas vs línux

  1. Pois parece que volve a pasar, como di o comentario anterior, dende que entrou o PP non se pode pedir cita previa dende un ordenador con Gnu/Linux, cando con windows vai a primeira.

    Gústame

  2. Ola…non é por defender ao PP, pero eu utilizando línux non teño problema para pedir cita no sergas. Eu teño Ubuntu e utilizo Firefox. Dime que mensaxe che dá, ao mellor podo botarche unha man.Saúdos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.