As miñas reflexións sobre REGANOSA

Ao fío do artigo que Carlos Aymerich ven de publicar no GZNación, coido necesario recuperar unha entrevista que lle fixeron na Radio Galega a Victoriano Urgorri, que fixo un estudo do impacto ambiental da planta de REGANOSA en Mugardos. Este científico di que o problema da ría de Ferrol non é a regasificadora, que salienta que non é o lugar ideal para instalala, é a contaminación producida por verquidos incontrolados de todo tipo, e que o Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol obvia na súa loita contra a planta, cando a planta o único que verte é auga fría. Habería que preguntarse por que se obvia a contaminación da Ría na loita deste comité e se centra exclusivamente en REGANOSA?.

powered by ODEO

Deste xeito é comprensíbel a loita dos mariscadores que pensan que os seus males son debidos a REGANOSA, que non poden mariscar cando os grandes buques veñen a descargar a Mugardos. Curiosamente, no centro da ría hai Asteleiros (en horas baixas) que constrúen e arranxan grandes buques, e que transitan pola ría e que tamén dificultan o marisqueo, pero vese que aquí non hai problema, o problema é REGANOSA.

Do mesmo xeito habería que preguntarse por que o principal branco das iras deste comité se centran no BNG, que non foi quen autorizou a instalación de REGANOSA, e que se viu claramente prexudicado nas eleccións municipais en Ferrol (curiosamente en Mugardos, que é onde está instalada a regasificadora aumentou a súa representación e os votos). Salientar tamén que foi o BNG, e non os partidos políticos que se viron beneficiados pola suba de votos en Ferrol (PSOE e IU), o que presentou alegacións á instalación da regasificadora.

Para rematar a min paréceme unha barbaridade instalar un planta de gas no medio dunha Ría e a escasos metros de casas habitadas. Agora ben, as iras dos comités de emerxencia ou de que se opoña á mesma, deben dirixirse contra quen autorizou a instalación de REGANOSA, e até onde eu sei, esta planta de gas é de interese supra-municipal, polo que o Concello pouco pinta nesta historia, cuxa responsabilidade se traslada á Xunta e ao Goberno Central, e cando se autorizou a instalación da regasificadora o BNG non tiña o goberno da Xunta e moito menos o central.

11 opiniones sobre “As miñas reflexións sobre REGANOSA

  1. Ola!Felicidades polo artigo. Moi bo!Gustaríame que me explicaras cómo pór esa entrevista no meu propio blogue (www.galizavanza.blogspot.com), xa que quero elaborar un artigo sobre este tema. Se non tes inconveniente porei un link a esta páxina no meu blogue e agradecería que puxeras un á miña tamén.Un saudo.

    Gústame

  2. É inutil, o BNG ten a culpa de todo…Xa pode o PSOE montar o GAL…Xa pode o PP estar pringado en mil corrupcións…Que a culpa de REGANOSA e do BNG, é a do peche de ENCE, e de que fagan estudar galego aos rapaces, e de non ser mais exixente co ensino en galego…, etc. etc.Ao BNG se lle exixe e triple e se lle recoñece a mitade…Eu sempre recurro a cita de Castelao… “nos temos fé no noso pobo, e moi logo o noso pobo terá fé en nos”…, adaptandoa a que o de moi logo…, realmente quer decir “cando xa non haxa nada que facer”…

    Gústame

  3. Fai oito anos, oito, que comezou o movimento cidadán. Eu xa firmei alegacións a unha planta que teño agora mesmo diante da fiestra do meu dormitorio fai sete anos e participei en manifestacións de protesta xa daquela. Podo dar fe do noxento silenciamento sistemático ás accións do CCE por parte de La Voz. Nalgún tempo remoto, compañeiros, sabíades a que xogan moitos medios de comunicación nestes asuntos e enchíamos columnas de opinión sobre a censura dos gobernos que nos tocaba sufir. Hoxe parece que xa non vos interesa tanto sabelo porque son a coartada perfecta para que vós miredes para outro lado. Hoxe sodes aliados dese silenciamento por conta que vos ten.

    Gústame

  4. A Comisión Europea sanciona ó Estado EspañolRazóns contra a planta dentro da Ría (08/04/2002)Poboación preto de Reganosa (29/04/2003)Incumprimentos de Reganosa (2002)Disconformidades co proxecto (2002)En ningún momento, durante estes 8 anos, percibín que o CCE fixese do BNG o “principal branco das iras”. Os argumentos sempre foro sólidos: QUE SE CUMPLA A LEI. QUE SE FAGA XUSTIZA.Se consideras que o teu artigo axuda a rachar cos muros de silencio que sufrimos ata agora… opa!

    Gústame

  5. imeneo: ¿sabes que Quintana e Touriño recurriron a sentencia en contra da ubicación de Reganosa doTrib. Sup. Xustiza de Galicia ó Supremo de Madrid? Ai, se Catelao erguera a cabeza…!!!. Pois si, o mesmiño que o PP. ¿Que pasa co BNG de Ferrol? ¿porqué dimitiron varios concelleiros? ¿Onde está Xaime Bello? Agora no no vexo nas manifestacións contra Reganosa como antes… Ah! e que agora “governades”.

    Gústame

  6. Pareceme que os do bloque sempre lles gusta ir de victimas e a verdade e que se vos da mal. Non tendes credivilidade. As unucas victimas de todo isto son os mariscadores, as suas familias e todos os afectados pola planta de gas. Onde esta a ciga? que non se sinte, Onde esta o bloque? que non se oe. 1 dos vosos problemas( falo do bloque) e ke stades a costumados a oposición o non como unico argumento, e cando vos toca estar no governo non sabedes como actuar. Escoitade a xente, e non prexurguedes tanto, e aceptade as criticas ou polo menos non vaiades de victimas…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.