Volven os torquemadas

el jueves censuradoAcordádesvos das caricaturas de Mahoma? a indignación dos musulmáns percorreu o mundo enteiro á par dos comentarios de indignación do “mundo libre“, censurando a actitude do Islam. Pois agora é ese “mundo libre”, esa democracia de transición “ejemplar”, esa España do século XXI a que “secuestra” unha publicación por mor dunhas caricaturas de Felipe de Borbón e Leticia en posición “indecorosa”, que a Casa Real considera inxuriosas e denigrantes coa monarquía.

Desde o meu punto de vista, e a pesares de que soe un pouco demagóxico, considero que unhas persoas que perciben unha asignación moi xenerosa do erario público, a parte doutras prebendas e negocios vantaxosos por mor da súa posición de privilexio e de relación co poder económico estatal, deberían ser máis tolerantes coas críticas dunha sociedade que os mantén a corpo de rei (e nunca mellor dito), mentres moitas capas desta sociedade non se pode permitir nin en soños a vida ociosa que teñen estes señores. Desde logo con actitudes inquisitoriais como estas, utilizando para elo os maquinaria do estado de dereito, non lograrán que esas capas da sociedade que os critica(mos) sexa máis considerada, máis ben é xusto ao contrario.

Pero bueno, tampouco é de estrañar, a fin de contas a institución monárquica, a igrexa e o exército nunca encaixaron ben as críticas, debido, entre outras cousas, ao funcionamento pouco democrático que sempre tiveron.

Unha opinión sobre “Volven os torquemadas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.