
Como cada ano que chega o bo tempo, temos que asistir na nosa terra a un espantoso espectáculo onde, publicamente e para algarabía do público asistente, se maltrata a un animal. Din que é arte (a pintura tamén é arte e non se tortura a ninguén), que é tradición (desde logo galega non), e baixo estas premisas milleiros de persoas acoden aos festexos taurinos para ver como, durante aproximadamente 20 minutos, se tortura a un animal e finalmente acábase coa súa vida con moita “arte” para satisfacción do toureiro e do público presente. Se xa o dicía
Castelao “lástema de bois”.
E digo eu… se torturar e matar un touro é unha tradición e unha arte, por que non se permite as pelexas de cans ou as de galos? a fin de contas pelexan entre iguais. Por que tanto escándalo mediático pola malleira que lle deu un veciño de
Aguiño a un can, cando pola tele nos botan as corridas de touros en horario infantil? debe ser que a malleira non a fixo con arte.
Vía gznacion.com
Like this:
Gústame Cargando...
Relacionado
Parece mentira que nos chamemos civilizados.
GústameGústame