Esta primeira foto é unha imaxe que case con toda seguirdade se podería sacar en calquera país de África. Fame, pobreza, lixo por todas partes… é a tónica habitual. Con carencias en educación, sanidade… como para preocuparse pola ecoloxía.
Esta segunda foto está sacada en Pontevedra, nunha desas famosas noites de “peñas”, da cidade do Lérez, onde unha multitude mozos/as e non tan mozos/as renden culto aos touros nunha orxía de alcohol, onde quen sae peor parado é o fermoso casco vello de Pontevedra que queda asolagado porunha morea de lixo e un cheiro noxento a mexo, alcohol e suor.
En Pontevedra, como tantas outras cidades galegas e españolas, pertencen ao mundo occidental, gástanse millóns de euros en educación, en sanidade, en campañas divulgativas para coidar o noso entorno natural, paisaxístico e arquitectónico, pero todo queda en nada cando se toman un par de copas de mais. E evidentemente as autoridades fan a vista gorda en pasan a mangueira pola mañá.
¡e non lles digas as verdades a cara! se non saes escaldado, o mellor mollado, como lle pasou a miña sobriña de 5 anos cando voltabamos dos fogos… Coido que con o que eu vi beber ou mellor tirar en menos de dez minutos alimentabase unha aldea africana durante un ano.

GústameGústame