Galiza, Rumanía

Hoxe chegou ao meu correo un ficheiro PowerPoint, deses que tanto abundan na internet, que contén unha montaxe fotográfica. Nesta ocasión trátase dunha mini-reportaxe de Rumanía, que ofrece una imaxe dun país pobre de onde a xente fuxe para buscar mellor vida, e en algún caso atopa a morte, algo que os galegos coñecemos moi ben.

A portada desta foto-montaxe non deixa indiferente a ninguén (paso de describila) e as fotos que hai a continuación tampouco. Polas imaxes supoñemos que se trata dun país moi pobre: chabolas, coches destartalados, pobres deambulando polas rúas, … Non teño datos para rebater o que queren reflectir estas imaxes, porque seguramente esas fotos son reais, pero esas fotos ofrecen unha imaxe mal intencionada, sesgada e mesmo xenófoba dun país que seguramente non está atravesando un bo momento, pero non podemos xulgar á lixeira por unha fotos que chegan ao noso correo electrónico, porque se vamos a calquera barrio marxinal dunha grande cidade poderíamos sacar fotos semellantes.

Pero de entre todas fotos que saen neste ficheiro, e que en principio, -insisto-, foron sacadas en Rumanía, hai unha que me resulta familiar, -e nunca estiven neste país-. Efectivamente, a foto que podedes ver sae tamén nos álbums que La Voz de Galicia dedica ao Feísmo en Galiza (ver foto 36 do álbum Feismo 1). Aínda que me gustaría saber se a foto é de Galiza (Montós, Ourense, como se pode observar neste álbum) ou é de Rumanía, o caso é que ambas as dúas coleccións, a do ficheiro e a de La Voz de Galicia, ofrecen unha imaxe reducionista, sesgada e xenofoba dun país, que no segundo caso é o noso. Vamos eu diría que nos dous casos hai moito de auto-odio.

6 opiniones sobre “Galiza, Rumanía

  1. A min xa me chegou no seu dia, hai polo menos tres anos, nun powerpoint dedicado a Portugal. E como en ningun sitio esta documentado o punto exacto ninguen o pode comprobar.

    Gústame

  2. Artritis, eu tamén quero a Galiza e a quero ver libre de agresións paisaxísticas, pero todas, non só a dos paisanos, que son as que aparecen no álbum de La Voz, obviando outras de maior transcendencia como por exemplo a planta de ENCE en Pontevedra, e as consecuencias que medioambientalmente non só na ría, senón en todo o país coa plaga de eucaliptos que trouxo, e isto non sae nos álbums, -insisto-.Alén disto, xulgar a todo un país (Galiza ou Rumanía) por unha pequena parte que sae nunhas fotos, é reducionista e, insisto, auto-odio, porque postos a criticar ben podían criticar a Lei do Solo por exemplo, que impide construir en boa parte do rural, criminalizando en cambio a un paisano que fai unha casa á marxe dunha lei que lle impide facer unha casa onde ten un terreo para construila.

    Gústame

  3. Pero Imeneo, estou dacordo contigo respecto ao de ENCE, pero temos que saber saír do “y tú más” e ver toda a realidade. Eu doulle a razón a Alfredo Suárez Canal cando di que neste país o problema dos incendios é estructural e consecuencia dunha cultura que ten moi “normalizadas” as agresións ao medio. Co feísmo pasa exactamente igual. Non pode haber auto-odio cando o que se pretende é mellorar o propio, sen atender ao bo ou malo do foráneo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.