Que goberne calquera, menos o nacionalismo

Das imaxes que saen na prensa da manifestación apoiada por unha serie de colectivos sociais, ecoloxistas, etc, baixo o título “Galiza non se vende”, quédome con esta que vedes. Nela pódese ver unha pancarta co seguinte lema: “Quintana dimisión, Beiras oposición, BNG traizón ao País”. Polo que se deduce, ao portador da mesma, non quero meter a todos no mesmo saco, válelle que goberne calquera, -PP, PSOE, os de sempre-, pero non o nacionalismo galego, que mesmo o acusan de traizón, reducindo o seu papel a estar sempre na oposición con Beiras de xefe, que é para o que vale, para petar na mesa co zapato, pero non para gobernar.

Sobre os motivos da manifestación só dicir, que calquera diría que a desfeita do país se levara a cabo nos últimos tres anos.

6 opiniones sobre “Que goberne calquera, menos o nacionalismo

  1. Queimaremos á Xunta de Fraga en seis meses ?????? de quen foi ista frase ???, o BNG tivi e ten a oprtunidade de cogobernar,con catro Conselerías ou catorce o mesmo ten,pero non pode renunciar a demostrar a súa valía ou non,por certo,as Consellerías de Pesca etc,etc,¿ de quen son?,ou é que o BNG non pedíra á Consellería de Pesca(PsoE)que introducira cambios no Plano,e que negociara cos afectados,e que Carmen Gallego(a Conselleira),ainda non accedéu a entrevistarse cos seus representantes,a día de hoxe ísto é o que hai,asi que por favor,non cuspir ó ceo,que a volta non gosta,e o que teña tenda que a atenda,nós ó noso e os outros ó deles,e non hai que pegarse tantos “baños de masas ” que ás veces non sentan ben,eisi que a ver senos enteiramos do que está a pasar…e a traballar que toca,e teñamo-la festa en paz,por certo lede El Pais de hoxe nas páxinas de Galiza,e acougade polo ben do noso PAÍS galego,e SEMPRE EN GALIZA

    Gústame

  2. O BNG subrrogouse no papel que tan ben desempeñara o fraguismop na Galiza. Non hai mais que seguir a traxectoria de vicequin dende que chegou á moqueta para darse conta. Beiras tiña moito mais poder, pois baixo o seu liderazgo o bng viase coma un contrapoder. Todo contrapoder ten vocación de converterse algun dia en poder. E por iso foio a segunda forza politica deste pais e verdadeira alternativa ao pp. Con vicequintana todo eso esfumouse. Vai de prestado e rende pleitesia aos poderosos que especulan e muxen todo o que poden o noso pais. Non e este bng promotor das homenaxes ao patron de la voz de galicia e de gadios en diversos concellos e deputación de a coruña. Para que goberne este bng, sucedaneo do pp da boina, mellor os de sempre. Asi non morre a esperanza. E o que na miña opinion expresa a foto que colas no post.

    Gústame

  3. Explícame iso do “desenvolvemento sustentábel” soa moi ben, pero aplicalo é máis complicado.Eu vivo nun concello onde o PP, antes de perder a Xunta, tiña planificado un parque eólico de 20 muíños de vento; a Consellería de Industria (BNG) reduciunos a só 9. Supoño que iso é un exemplo de desenvolvemento sustentábel, malia todo os de “Galiza non se vende” decides que o plano eólico é desmesurado.

    Gústame

  4. Referente a que Quintana fai homenaxes ao patrón da Voz,a ver,non quero entrar en leas,para nada,e a Beiras sígole a ter un respecto,como dicía,o patrón da Voz,¿porqué Beiras xa non ten isa “amizade que ata non fai moito tiña ?

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.