Deputados cuatriplicados

Sabedes quen encabeza a lista de candidatos do PP por Lugo? e por Pontevedra?. O cabeza de lista polo PSOE pola Coruña é o Ministro Molina, pero vistes algún cartaz deste señor nas rúas da Coruña ou nas vilas desta provincia?.

Está ben que os partidos potencien aos seus referentes máis coñecidos, pero de aí a reducir a meras comparsas os seus cabezas de lista, vai un abismo. Iso é precisamente o que están facendo tanto PP como o PSOE, que, ocultan literalmente os seus candidatos a deputados, que a fin de contas son os que elixen o Presidente do Goberno; pero polo visto, parece máis ben ao contrario que é o Presidente do Goberno o que elixe os seus deputados, que son logo os que lle farán gobernar con maior ou menor facilidade.

5 opiniones sobre “Deputados cuatriplicados

  1. É a tendenza a personalizar a política. As técnicas de marketing levan a focalizar todo no líder, e iso pásalle, en maior ou menor medida, a todos os partidos.E o mesmo acontece ao BNG con Quintana, ou non? Sobre todo nas autonómicas, pero tamén nas demais. Que pinta, por exemplo, unha entrevista hoxe en El País con Quin? Acaso se presenta el a estas eleccións? Porque non enviaron a calquera outro candidato provincial?Por certo que no BNG non se lle dá a mesma cancha por igual aos catro cabezas de lista. A orde de preferencias conscientemente planificado polo BNG é: 1º Quin (que non se presenta), 2º Jorquera, 3º os outros tres, que quedan deslucidiños e de meras comparsas. Entón, deberíase cambiar ese simpático cartel que ilustra o post. PP e PSOE están ben coas catro caras do mesmo. Pero no BNG habería que poñer dúas caras de Quin, unha de Jorquera e nunha cuarta a dos outros tres candidatos xuntiños e apelmazados.Ai, Imeneo, iso da palla e da viga no ollo non é algo que teñas moi en conta, meu.

    Gústame

  2. Ola boa tarde,sen ánimo de leas antidemagóxico,o que pretende Imeneo(iso entendo eu)é educar ou informar politicament á xente,que como eu somos incultos,a min gostame que me “abran ollos”,dice ben Imeneo que os Candidatos,como Molina pola Coruña,debería ir no cartaz,e digo isto pra que a xente saiba,que se (por exemplo o fai mal nesta lexislatura)pois a xnte que o votóu,pois eisí poida “criticalo” ouben prás proximas o votan ou non,iso por unha banda,e por outra,mira,en Democracia,tiña que haber igualdade pra todos,respectando ben por temos ou como sexa,peor respectando,exempro,na 1ªcadea da TVE,en 59″ falaron os Partidos “minoritarios” que a fin de contas suman case tres millóns de votos,(por separado,dacordo),pero o “programa comezóu ás 00,01 da mañá ??? pero tí pódesme dicir ¿ canta xente o víu ?,e resulta que ” el uno y el otro ” “la izquieda o la derecha “…o emiten !! ás 10 da noite !!,e digo eu,e logo non pagamos impostos igoal ca o resto da xente?? entón que ??,onde está a igualdade social ??,mira , tanto Zapatero coma Rajoy , ” non será presidente ata que sume os votos suficentes na cámara “,pra rematar diréiche que son inimigo da “prepotencia e da xenreira “,unha aperta e ADIANTE CO BNG,iso si que saia quen saia,que non-nos sigan a amolar a os galegos,que xa abonda, abur

    Gústame

  3. Máis datos sobor a (des)información,na Coz de Galicia de hoxe Domingo 24 de febreiro,no apartado de OPINIÓN,lin unha columna que dicía “Os novos famentos”,pois ben cando quixen votar o artigo,clico,e sae,…Enviamos datos…Espere,por favor. , Pois ben estiven a espera como 5 minutos,e aquilo seguía igual,polo serán fago a mesma maniobra,ca miña correspondente merenda…miro a maniobra do cilcar para votar,e seguía na mesma frase, Enviamos datos….Espere Por favor , a miña pregunta é ¿porqué será ? o mesmo acontecéume con outra rapaza columnista,María Canosa, e digo eu ¿ será que é porque escreben en Galego ?,unha aperta e boa noite

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.