Perversidade

Eu onte non vin o debate, teño que confesalo. Durante o mesmo estiven a ver unha película de Fritz Lang, Perversidade, onde tres personaxes están abocados á desgraza por mor dos seus soños e dos seus sentimentos. Non hai final feliz. No debate de onte tampouco hai final feliz, os dous din ganar e os dous din que perdeu o outro. No medio, a sociedade, que viu como un e outro se tiraban os trastos sen o menor rubor perante unha audiencia masiva e obrigada, como se foran os tempos do NO-DO e da televisión de dúas canles, un retorno ao pasado a toda cor e alta definición, onde se falaron de cousas que a meirande parte da poboación non lle afecta na súa vida diaria, e que só servirá para xerar máis confusión e desilusión entre a sociedade.

De que falaron, pois do mesmo do que levan falado os últimos catro anos: de terrorismo deixando un paréntese para a economía, como si ambos puideran ofrecer algo distinto do que a economía capitalista occidental pode permitirlles.

A gran ausente? Galiza, que nin sequera foi nomeada polo “gallego” Mariano Rajoy.

5 opiniones sobre “Perversidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.