En can flaco todo son pulgas

En can flaco todo son pulcas. Acabo de ver en 20minutos.com que a Alcaldesa de Córdoba, Rosa Aguilar, de IU, votou ao PSOE nas pasadas eleccións. Sinceiramente paréceme tremendo a falta de compañeirismo desta muller, que utiliza (neste caso emprego o verbo “utilizar” non senso máis pexorativo do termo) unhas siglas para gobernar unha cidade como Córdoba, onde militantes e simpatizantes depositaron a súa “confianza” nesta persoa para ser alcaldesa e ela devolve o “favor” non votando ao seu propio partido, aos seus compañeiros de partido.

Este comportamento pódese entender que o faga un simpatizante ou mesmo un militante de base, pero que o faga unha representante institucional paréceme lamentábel.

7 opiniones sobre “En can flaco todo son pulgas

  1. ¿Non oiches tí iso de que as ratas son as primeiras en abandonar o barco?…¿A que xa lle espra un cargo no PSOE?…(López Garrido,Sartorius,Carrillo,Almeida,Curiel,Alberdi,Sola Tura,Touriño,Areces,etc)…,Claro, que tamén os houbo que escolleron PP, (Piqué)…

    Gústame

  2. Imeneo, qué, non sexas soso, home, e interactúa un pouco. Rebate, matiza, nega, afirma, que pareces un muermo. Ou só queres que veñan os da túa parroquía?

    Gústame

  3. E Carlos Mella, que vindo da UCD acabou encabezando unhas europeas polo BNG? Ou Mariñas (hoxe deputado do BNG) que tamén estivo na UCD e que votou a favor da expulsión dos deputados nacionalistas do BN-PG do parlamento galego en 1981?Boa noite.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.