Made in China

Din que China é a fábrica do mundo. Un país enorme, con enormes contrastes, pero que paseniñamente estase a converter -se non o é xa-, nunha potencia de primeiro orde non só no económico, senón tamén noutros aspectos, así que a presión internacional sobre o seu papel no Tíbet pode ser debida en grande medida a esta cuestión, porque non doutro xeito se pode entender a pasividade internacional sobre outras conflitos nacionais como a do Sáhara, Palestina, Chechenia… nacións asoballadas, cuxos dereitos son ignorados pola “comunidade internacional”.
De todos os xeitos, e na miña opinión, esta presión internacional é debida a un pataleo momentáneo do imperio decadente, que aproveita a repercusión mediática de China a nível mundial por mor da celebración do xogos olímpicos, e o máis probábel é que non irá máis alá, porque non hai que esquecer que China é a grande fábrica do mundo e grande proveedora de man de obra barata cuxos beneficios sonlle moi rendíbeis ás transnacionais. Despois destes meses a cuestión do Tibet quedará relegada ao olvido, como ata hai un días, porque o que importan son os cartos (os que xeneran o xogos tamén, por suposto) non os dereitos humanos.

4 opiniones sobre “Made in China

  1. Si, vale, pero dinos a túa posición respecto do réxime chinés. Paréceche ben un goberno ditatorial comunista que promove un duro capitalismo no que os salarios son baixísimos, non hai dereitos laborais básicos e os traballadores están hiperexplotados, e nin a máis mínima liberdade senón a represión pura e dura? Paréceche ben? Defínete!

    Gústame

  2. Mira Antidemagóxico, fai un repaso pola túa casa e tira todo canto aparello, roupa, cacharros varios… etc, que atopes que estean fabricando en China, e despois ven a pedirme explicacións, que chas darei encantado.Para loitar contra unha ditadura, sexa da cor que sexa, non hai que parapetarse detrás dunha pancarta oportunista, pódese facer no día a día, a través da vida cotián de cada quen.

    Gústame

  3. “Pódese facer no día a día, a través da vida cotián de cada quen”. Faltouche engadir: … como fago eu. Ou non o fas? Sigues sen definirte e vaste polas ramas, meu.

    Gústame

  4. Pois a min os chinos parecenme xente de moita iniciativa e gran inventiva.Por exemplo, tomado de:http://www.davinxi.net/2007/04/20/otros-dos-metodos-de-tortura-china/Algúns me chamaredes sádico pero aquí van cinco métodos da famosa tortura chinesa. Veña, veña, xa tedes onde elixir.Aquí vai o primeiro:Para esta tortura úsase o Cal Viva. Suxéitase fortemente ao prisioneiro e agárraselle o brazo esquerdo primeiramente. Logo íaselle introducindo aos poucos, primeiro por un dos seus dedos no Cal e esta a o reaccionar coa auga do noso corpo descompuña todos os tecidos da pel ata chegar ao óso e deixalo sen carne. Este método era un dos máis eficaces xa que os prisioneiros non podían resistir a dor e tan só con introducirlle parte dun dedo rendíanse.O segundo:Colocábase ao preso unha campá de grandes dimensións na súa cabeza e empezábana a tocar para que soase, o ruído que provocaba volvía tolo ao preso se non declaraba.O terceiro:Esta sen dúbida é unha das máis desagradables. Colocábase ao torturado a catro patas, nun caldeiro metíase unha rata e empezábase a quentar a gran temperatura, a rata púñase nerviosa e intentaba buscar unha saída. Este cubo achegábaselle ao cú da vítima e a rata sen outra posibilidade introducíase por este para intentar escapar.O cuarto:Introducíanse escarvadentes de madeira nas uñas dos presos e prendíanse lume. Lentamente íase achegando ata queimar a carne. Isto foi utilizado tamén na ditadura de arxentina.E o quinto:A persoa era enterrada ata o pescozo na terra á beira dun formigueiro. Xa vos podedes imaxinar o que farían estas formigas…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.