Crise alimentaria

Revoltas en Haití polo aumento de prezos dos produtos básicos. En Estados Unidos raciónase o arroz para evitar a súa suba…. as causas desta escalada de prezos nos alimentos está no prezo do petróleo, o desvío de cereais para a produción de agro-combustíbeis, a especulación, o incremento do consumo e parece ser que tamén inflúe o cambio climático. As consecuencias: pois como dixen ao principio, revoltas, morte e emigracións masivas nos países máis pobres do planeta.

A situación é preocupante porque ademais esta situación estase a dar nun período de recesión económica, que aínda falta por ver que consecuencias terá para todos. Pero máis preocupante é ver como os medios do sistema (Cuatro, La Ser, El Mundo, La Voz de Galicia…) falan de crise alimentaria sen o menor disimulo, e xa se sabe, cando estes falan de crise, a crise aínda é maior do que nos contan.

No Estado Español todo apunta, logo de ver como se re-organizou o Ministerio de Agricultura e Pesca (así era antes), que a política que vai a seguir este “super-ministerio” non vai ir cara a unha agricultura que produce alimentos para a xente, senón alimentos para a industria dos agro-combustibles, que se nos venden como produtos ecolóxicos, e a realidade é moi distinta, xa que está demostrado que para producir esta enerxía “ecolóxica” gástase o dobre de enerxía procedente de carburantes fósiles.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.