Non apto para todos os “públicos”

O martes 29 o xornal Público dedicaba a súa portada a un vídeo xogo, o GTA4, que saía á venda ese día. Do xogo non sei nada, só sei que non é apto para todos os públicos, e o xornal non dubida en sacar en portada este evento, facéndolle con este feito a máxima publicidade que se lle pode facer a un produto comercial de entretemento, e supoño que isto non foi gratis, claro.

O director do Xornal, Ignacio Escolar, non dubida en catalogar o videoxogo como “cultura“, aínda que non é para todos os públicos nin para todos os bolsillos, como outras artes, como por exemplo, a literatura que é máis asequíbel, e dependendo da temática, si é para todos os públicos.

Efectivamente pódese catalogar a portada como “atrevida”, que vai cos tempos, ou pódese chegar a dicir tamén que as portadas dos xornais non son só para os políticos ou para a política, que hai outras cousas. Pode!!. Pero se quixeran ser “atrevidos” de verdade, e dada a crise alimentaria que sacude a medio mundo, eu poñería a seguinte imaxe.

Evidentemente non me sorprende que público saque unha portada así, xa que os medios hoxe en día entreteñen máis que informan, non hai máis que ver os informativos da tele, e os xornais non ían ser menos. A fin de contas son empresas que viven das vendas, dos beneficios, e ao “público” hai que molestalo o menos posíbel.

5 thoughts on “Non apto para todos os “públicos”

  1. Antidemagóxico,¿non será,que o marxinado sexas tí,e ainda non te decataches meu ?,e polo que vexo,teslle manía,fobia a Imeneo??,ou é senreira,pois mal vas compañéiro,ises camiños nunca foron bos,sinxelamente,unha aperta

    Gústame

  2. Non, home, non, nin fobia nin xenreira (con x). É por meterme un pouco con el. Pero sei que é bo rapaz, un pouco sectario, iso si, e moi tímido, que nunca contesta nin entra ao debate.

    Gústame

  3. Grazas pois,antidenagóxico,polo da X,(isto pasa por escreber na lingua que non é a propria dun),e respecto a Imeneo,como xa vexo que o coñeces millor ca min,pois,sigas a “meter ” con él,en plan,boeno,tí o sabes,trátao ben,pero sen rachar nada,a poder ser,e tamén dicer,que eu son nacionalista,e sigo a ler a páxina de Imeneo,e postos a falar de páxinas,estíven a contar as páxinas de compañéiros nacionalistas que eu coñezo,e son case preto de 200 e tampouco están na BLOGnacionalistas,claro que,tampouco atopéi a túa,pero é igual,a iste paso,como teñamos un blog cada un(imos camiño desto),isto vai parecer “a guerra das galaxias”,pero como ves,eu sigo entrando na Páx. de IMENEO,unha aperta,e vémonos en Compostela o Domingo 18

    Gústame

  4. Pois se hai 200 blogs nacionalistas (dama algún enderezo, por favor) e non están recollidos, que fan para protestar e esixirlle ao BNG que os metan na lista? É que ás veces parecedes moi mansiños e obedientes, meus. Falades moito da marxinación de Galiza, pero cando vos marxinan a vós os vosos propios compañeiros, o único que sabedes facer é poñervos máis vaselina e calar. E mira, colega, eu non son nacionalista, por iso non está o meu blog nesa lista. Que se o fose carallo se non estaba, porque eu non ía sufrir en silenzo coma vós, colegas.Sodes bos rapaces, pero tiñades que intentar ser menos sectarios e de crervos en posesión da verdade. Sodes un grupo político máis, nada especial, senón como todos, cos seus erros e acertos. Cando se vos meta isto na cachola, seredes máis humildes e teredes máis votos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s