Algunhas coincidencias

Hai unhas semanas, en varias cidades galegas (Pontevedra, Poio, A Coruña, Lugo), vivíronse uns episodios non moi agradábeis onde unha serie de veciños opoñíanse ao realoxo de xitanos nos seus barrios, un dereito lexítimo e constitucional que ten toda persoa vivir con dignidade. Estes acontecementos foron especialmente graves en Poio e Pontevedra, onde veciños opositores aos realoxos tentaron agredir ao alcalde da primeira vila e rebentaron un pleno, alén de que houbo intentos de agresións a xitanos e outros tipo de actos vandálicos de corte xenófobo, que están sendo investigados pola xustiza. A cuestión de fondo que provocou todo isto foi a eliminación dunhas zonas marxinais e integrar a estas persoas na sociedade, cuestión esta xa complicada polo “mal vistos” (deixémolo aí) que están vistos os xitanos en xeral, que fai que lles sexa moi complicado acceder ao mercado laboral por conta allea.
En Estados Unidos, tamén hai unha minoría étnica, os afro-americanos, que sufriu durante séculos todo tipo de discriminacións e humillacións. Dende a escravitude até á loita polos seus dereitos cívicos pasaron moitos anos, e durante ese período histórico quedou estigmatizado na sociedade americana que os “negros” son uns delincuentes, o mesmo que os xitanos en Galiza, cando iso obxectivamente non é certo, e se o é pode deberase ás dificultades que teñen estes colectivos para integrarse na sociedade. Con todo, e malia a que os afro-americanos teñen dereito ao voto dende hai polo menos 40 anos, só despois deste tempo haberá un candidato negro a Presidente dos Estados Unidos; quen nos di a nós se dentro de 40 anos non temos un Presidente da Xunta xitano?

Unha opinión sobre “Algunhas coincidencias

  1. una acertada comparacion, desde luego, aunque los gitanos llevan en nuestro pais mas siglos que los afroamericanos en Norteamerica, y aun seguimos sin aceptarlos, o como nos preguntamos algunos, ¿seran ellos los que no nos aceptan? ¿cual de los dos grupos etnicos, gitanos o payos, es el mas racista respecto al otro?nuestros hermanos gitanos merecen una vida justa, una vivienda digna, un trabajo estable, como el resto de los humanos que vivimos en este injusto mundo, injusto siempre para los pobres, porque los ricos, sean gitanos, negros o payos nunca tendran problemas para ser aceptados por sus vecinos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.