Estrela… branca!!!

Houbo moito rebumbio sobre o cartel que está a utilizar o BNG para o 25 de xullo deste ano. Nel sae unha nena suxeitando unha estrela con fondo de ceo azul, o que está a provocar comentarios de todo tipo referidos obviamente ao BNG: perda de identidade , viaxe ao centro, etc, etc.

Certo é que os símbolos teñen a súa importancia e a súa función. A estrela vermella, como di Lois Diéguez, é o símbolo o “popular do futuro, da igualdade, da xustiza e da liberación: nacionalismo e internacionalismo unidos”; e ten razón. Agora que buscando referentes políticos para moita xente, dentro do nacionalismo galego tamén, fíxome na bandeira de Cuba, e resulta que ten unha estrela “branca”. E, como dixen, a estrela branca non está nun cartaz que anuncia unha festa nacional, non, está na súa bandeira, -insisto-, símbolo dun país soberano que resiste a tiranía do Imperio dende hai máis de 40 anos.

Dito isto supoño, supoño que ninguén da esquerda galega cuestionará ao goberno cubano por ter na súa bandeira unha estrela branca, acusando a este de viaxar ao centro ou de abrandamento político. Mais ben, do que se trata, é de que nos deixamos levar polo que di un xornal.

2 opiniones sobre “Estrela… branca!!!

  1. Ha, ha, ha, ha. Felicítote pola túa orixinalidade, Imeneo. Por fin diches coa solución ao enigma que tan mala conciencia te creaba. Como Cuba, si, como Cuba, igualiño de todo (sobre todo nos mojitos).Ti sigue soñando con Cuba mentres os do teu lado viaxan ao centro en Audi e ti non te enteras.(Conste que me parece ben).

    Gústame

  2. Por certo, eu considérome da “esquerda galega” e cuestiono o réxime castrista por antidemocrático e incompetente. Xa non tes idade para seguir vivindo de mitos, Imeneo. Agora o que se leva é ir do ganchete dos empresarios por iso de “facer país”. Pregúntallo a Quin ou a Blanco (que é da UPG).

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.