Unha imaxe pouco afortunada

O venres o PP anunciaba a nova Secretaria Xeral do partido, María Dolores Cospedal, unha muller que por moitos cuestións (persoais, profesionais e políticas), racha certos estereotipos aos que nos tiña acostumados ese partido. Unha muller, por outra parte, que seguro que non diría, baixo ningún concepto, que ela era “miembra” da dirección do Partido Popular. Unha muller que vestiu de vermello no seu primeiro discurso como Secretaria Xeral, unha cor que adoita utilizar o seu rival político, o PSOE, e que estou seguro que a elección non foi casual, senón ben intencionada nunha posta en escea onde se quixo amosar a un PP de centro.

Iso foi durante a fin de semana, porque hoxe ollando a portada do xornal El Mundo, a imaxe é radicalmente distinta: saen Rajoy e Dolores Cospedal, pero esta reflicte unha imaxe de subordinación, a dunha secretaria que está despachando co xefe. Esperemos que o papel desta muller sexa distinto ao que reflicte esta foto.

Unha opinión sobre “Unha imaxe pouco afortunada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.