Circo e silencio

Onte foi unha data histórica, pero non constará nos anais da mesma. Non me estou a referir ao pase da selección española de fútbol á final da Eurocopa, non. Estoume a referir á ratificación no Congreso dos Deputados do Tratado de Lisboa, que condicionará a nosa vida, o futuro colectivo dos galegos e galegas nos vindeiros anos.

Sen embargo, como dixen antes, a ratificación do Tratado non constará nas hemerotecas como un feito transcendente e importante, e tendo en conta as portadas dos xornais de hoxe semella que os medios non están interesados en falar diso, e si prefiren darlle as súas portadas ao pase á final da selección española de fútbol, que, segundo eles, é un feito máis transcendente, malia a que sexa efémero.

O Tratado de Lisboa é un documentiño que se santifica o neoliberalismo na Unión Europea; un documento no que os cidadáns estarán ao servizo da economía, da macroeconomía, onde o capital terá todos os dereitos e os cidadáns todos os prexuízos; co Tratado de Lisboa teremos dereito a “traballar”, pero non dereito ao traballo, é dicir, é como se nos dixeran que temos dereito a comer, pero non dereito á comida; co Tratado de Lisboa os traballadores seremos unha mercadoría máis, un servizo deslocalizado, suxeito á lei da oferta e da demanda, cos dereitos do país de orixe, o que repercutirá negativamente naqueles países da Unión cuxos traballadores teñan maiores dereitos.

En definitiva, que a ninguén lle importa o Tratado. O Congreso dos Deputados ratificouno por amplísima maioría (BNG, ERC e IU votaron en contra), que representa a unha maioría social que hai uns días estaba paralizada pola folgas do transporte, pechada en falso, por mor do corsé das directivas desta Europa do capital. Pero parece que o único o importante é o fútbol, o circo para ter entretidas as masas.

9 opiniones sobre “Circo e silencio

  1. Que pintades logo aliados e indo da man a pérfidos neoliberais lacaios do capitalismo e explotadores dos traballadores como teñen que ser, seguindo a túa argumentación, CiU e PNV, que apoiaron o Tratado?Por certo, líches o Tratado ou falas de oídas?

    Gústame

  2. Moi ben ” antidem -todo “,por exemplo,na miña familia (un pouco extensa, iso si)pois hai do PP,PsoE,tamén PPsoE,e como non eu do BNG,quizaìs a túa “solución” sexa o “suicidio”,pero eu o penséi millor,e non o vou facer,e a miña pregunta é pra tí “antidemagóxico”,… ¿e tí , que opción escollerías?,grazas pola túa resposta,e viva o diálogo,GALEUSCA e SEMPRE EN GALIZA,unha aperta ,txema

    Gústame

  3. Ola boa noite,o que quero dar a entender é,que se hai algo que nos une politicamente a CIU e PNV é ,precisamente a historia que nos anos 30,e da man de CASTELAO (por parte da GALIZA),nace GALEUZCA a partires daquel entón,pois seguimo-nos,a traballaren xuntos,ainda que haxa matices que non coincidamos,pero si coincidimos en,que GALIZA,EUZKADI e CATALUNYA,SOMOS NACIÓNS,despóis cada un decide o seu futuro de País,e dicer,o que queira ir a misa,que vaia,e o que non ,que faga o que lle pete,o que temos que facer cada un de nós,é mirar pola NOSA TERRA,sexa de esquerdas(eu o son)ou de direitas,unha aperta e boa noite,txema

    Gústame

  4. E os de ERC,de que se queixan?, das ” mariscadas “,ou de que non os inviten ??,unha aperta ,por certo,GALEUZCA,non con Z,e dicir,GALiza-EUZkadi-CAtalunya (agora CAT),abur , txema

    Gústame

  5. Os de ERC xa teñen a Beiras para que lles bote unha axudiña, que por amolar a Quin vai facer campaña a prol de ERC. Por certo, de quen sodes: de Quin ou de Beiras? Que vos parece a proposta recente de Beiras?Tes razón, Txema, agora é Galeuscat. Xa o sabía, pero trabuqueime.

    Gústame

  6. Se o que pretendes é,enlear a lá,vas dado,e eu veño sendo da GALIZA ,esté quen esté a fronte,eu son de Quin,Beiras,Nogueira,Encarna Otero,Paco Rodriguez,son pois,da Galiza de ….Galiza somos nós , a xente maila fala , se buscas a Galiza , en tí , tes que atopala , unha aperta

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.