A realidade despois da euforia

Un día antes de iniciarse a Eurocopa de Fútbol o diario deportivo Marca, o xornal que máis se vende no estado (xa lle gustaría a El País e El Mundo), sacaba unha portada chea de fanfarronadas patrias (non se poden calificar doutro xeito), máis propio dun panfleto dun charlatán de feira que pretende vender un produto milagreiro, que dun xornal deportivo meridianamente serio. Segundo este xornal “España” deslumbra ao mundo en ciencia (?), en economía (?)…, pero faltaba a guinda, ganar algo importante en fútbol, o deporte rei, o deporte catalizador do sentimento patrio. E por fin, o nacionalismo español ten algo que celebrar, a selección española de fútbol gañou a Eurocopa despois de 40 anos de espera e de perder unha final.

Logo do paréntese da Eurocopa e dos fastos, que durarán 2 ou 3 días, os nacionalistas españois voltarán á normalidade, e baterán de fociños co realidade previa a este acontecemento deportivo, que España non deslumbra en ciencia nin en economía, porque de ser así non recuperaríamos a rutina falando de crise económica.

Por certo, eu non sei se Solbes, o Ministro, estará dándose cabezados, porque se a el xa non lle gustaba moito a medida máxica dos 400 euros, menos lle gustará saber que unha pequena parte deses cartos fóronse a gastar a Viena; pero quen ía contar que a Selección Española de Fútbol pasara de cuartos!!

7 opiniones sobre “A realidade despois da euforia

  1. Tes razón, Ime. Pero vós tamén montastes unha boa fanfarria patriótica (galega) co da selección galega, ou xa non o lembras? E tampouco lembras o derroche de propaganda de Vicepresidencia e Industria dicindo que “somos potenza”? Que sodes todos bastante igualiños, meu, cando sacades a pasear o nacionalismo (español ou galego).

    Gústame

  2. Que o dis,por tí??,unha referencia,resulta que agora,á selección española chámanlle a ONU,pois porque,xogaban de Asturies,Catalunya,Euskadi,Galiza (Torres),etc,etc,etc,e non me invento nada,unha aperta,e ,gañóu o millor,viva a Canteira,e, non ás figuriñas, é unha mágoa que non nos deixen xogar,ás Seleccións de Galiza,Euskadi e Catalunya,unha aperta e boa noite Galiza

    Gústame

  3. Na selección española sempre xogaron xente de todas as partes de España, ou? O que pasa é que o dis para disimular: ti foches un dos nacionalistas que animaron á selección, se sincero, home.

    Gústame

  4. [Copiado e colado doutro blog]A pregunta é ¿Pódese ser nacionalista e ir pola selección española?E a única resposta é NON, porque si vas é que NON eres nacionalista. De Perogrullo. Iso todo o mundo o sabe, e por tal motivo os quintaneros anda cun mosqueo do carallo porque eles na sua puta vida pensaron poder sacar á rúa unha quinta parte da xente que onte brincou nas ruas galegas ó grito de :¡¡ Yooo soy español, español, español, español !!E claro, isto ten que escocerlles de carallo porque iso non son nin enquisas, nin intencións de voto, … iso é … a puta realidade do que hai.Outro motivo do mosqueo que teñen os benejistas é qua a maioría de eles onte realmente SI viron o partido e SI brincaron cando o arbitro pitou o final e se EMOCIONARON. A min no enganades, finstros nacionalista. O qque pasa que, claro, hai cousas que so se fan na intimidade, uns falan catalán, outros animan a selección española, etc …Ademáis, moito pior que iso é pactar co PP. ¿Ou non? Steamroller

    Gústame

  5. Eu vivo na Galiza,polo que vexo tí,en outro planeta,respecto a,de pactar co PP,XDD,só unha cousa,mira cantos concellos están “gobernados polo PP-PsoE “por non querer (PsoE)gobernar co BNG ??,cambio,corto e fora,gero-arte lagun

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.