Quen controla a bolsa controla o mundo

Seguramente o título deste artigo parecerá un pouco exaxerado, pero foi o primeiro que me veu á cabeza logo de ler o que vos contarei a continuación.

Seguramente moitos de vos, -eu tamén-, cando nos informativos dan conta das cotizacións da bolsa, pensamos sempre que iso non vai con un, sobre todo cando non se teñen os cartos metidos nese particular mercado. Tamén seguramente oístes falar da economía global, e de como esta está controlada por unha oligarquía, que, os máis conspiranoicos, din que son os que controlan o mundo. Pois se cadra nada máis lonxe da realiade. Vexamos.

Chegou ás miñas mans unha ligazón onde podía ollar a “radiografía do poder económico no Estado”. Neste documento detallábanse o accionariado das empresas españolas máis importantes que cotizan no IBEX-35 (Telefónica, Indra, Inditex, Altadis, Acerinox, Gamesa, Iberia, …). O chamativo é que había un denominador común a todas elas: 15 das 35 empresas do IBEX-35 tiñan como accionista a “Chase Nominees”, empresa de custodia de accións creada por JP Morgan e David Rockefeller, próceres do capitalismo americano. As accións deste xigante financeiro norteamericano non dirixe, non xestiona o día a día das empresas, pero si controlan, si deciden os nomes dos presidentes dos consellos de administración, que si son os que mandan.

Pero o Chase Nominees non é a única megacorporación americana que controla o parqué madrileño, tamén están presentes Fidelity, Franklin Resources Inc, EC Nominees, e, sobre todo, State Street Bank & Trust, que controlan desde bancos, construtoras, empresas de telecomunicacións, medios de comunicación, etc, etc.

Evidentemente o Estado Español non é a excepción, é a norma do capitalismo a nivel mundial: influir, controlar e dirixir a economía a nivel global, e para facelo non só compran e venden accións.

7 thoughts on “Quen controla a bolsa controla o mundo

  1. E sabes se o Chase Nominees vai comprar accións das compañías que van participar no negocio da produción eólica en Galicia? Se non o sabes podes preguntarllo ao conselleiro do BNG, Fernando Blanco.

    Gústame

  2. Si, bueno, e que?. O que é realmente importante do concurso eólico é que moitas desas empresas que optan terán que ter proxectos industriais no país; ademais, as arcas públicas, galegas, levaranse un 10%.

    Gústame

  3. O de que terán que ter proxectos industriais no país é máis unha declaración de intencións que un compromiso legalmente obrigatorio. Se non xa o verás. Ou é que pensas que as empresas se van pregar docilmente ao que diga un conselleiro? E os das arcas públicas non é certo: o 10% é investimento da Xunta, non beneficios. En fin, os nacionalistas pensades que sodes máis listos cos demais, e hai probas de abondo de que iso non é certo.

    Gústame

  4. Estou á espera,de que veña outro Martín – xa,claro que polo que vexo,sempre se critíca ás Consellerías que traballan,e normal,porque as que non fan nada,nada hai que criticar,xa collín o truco,unha aperta e ” menos samba e máis traballar “

    Gústame

  5. Home, haberá Consellerías que o fan mellor e outras peor, tanto do BNG como do PSOE. Agora, iso de pensar de que só traballan as nacionalistas chámase ter a fe do carboeiro, meu. Claro, e despois veñen as eleccións e pasa o que pasa.

    Gústame

  6. ZP,non se apresenta por Galiza,pero “votan por él”,¿ando equivocado?,¿vos lembrades cando Touriño foi de visita,alén do mar?,¿vos lembrades os cartéis,que puxeron,aló por onde estívo?,pois nos cartéis,(na foto)aparecía ,!! Touriño !!,¿e quen era o que aparecía á súa esquerda(de Touriño)??,EFECTIVAMENTE,ZA-PA-TE-RO,manda truco,Touriño de visita oficial,como presidente da Xunta,pero na foto dos cartéis,Zapatero,e a miña pregunta é,¿que carrego ten Zapatero,na Xunta de Galiza?,o dito,ZP = Zona Puteada,unha aperta

    Gústame

  7. Si, hom, si, como ti digas. Na política todos -todos, incluídos os nacionalistas- usan todas as cartas que teñen, sen ningún tipo de miramentos, ou que te pensabas? O problema é que uns teñen máis cartas cos outros e gañan a partida. Algúns queren facer trampas, pero despois é a xente a que vota, e aquí por moito que vaias de farol, levas os votos que levas. Asi que a espabilar, a gañar votos e a queixarse logo menos dos resultados.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s