Tendencias

Ao lado tedes o gráfico do último ano correspondente ao índice Dow Jones do sector bancario en Estados Unidos, que, como podedes observar, a tendencia é en caída libre.
Os brockers de Wall Street, sensíbeis onde os haxa, teñen a mosca detrás da orella, e hoxe venderon todo canto tiñan das hipotecarias Fannie Mae e Freddie Mac, que son as financeiras máis grandes que hai no berce do imperio. Tan grandes son que a súa caída podería xerar unha onda expansiva que levaría por diante bancos e outras financeiras de Estados Unidos e quen sabe onde; por este motivo estas dúas empresas son semi-públicas, é dicir, e paradoxos da vida, que o Estado, paradigma do neoliberalismo mundial, tivo que inxectar capital nestas dúas empresas para evitar un fiasco maior, e non é a primeira vez que o fan. Pero isto non parece ser suficiente, e os sensibleiros de Wall Street sospeitan que o Departamento do Tesouro americano ten que meter máis cartos, é dicir, nacionalizar as dúas empresas, para que logo falen de Chávez.

Achégase a fin do segundo trimestre, as empresas darán os seus resultados, e polo que se ve todos sospeitan de todos, e as cifras de perdas que dan uns dos outros son astronómicas; semella que aquí se estea preparando “a nai de todas as crises” (permitídeme que bautice este acontecemento ao estilo americano).

Solución?, non teño nin idea. Agora que por aí apuntan que a solución está en crear máis produtos especulativos, é dicir, máis madeira, queimar todo até que non quede nada.

Por certo non todo son malas noticias, porque a Aznar subíronlle o soldo.

6 thoughts on “Tendencias

  1. antidemagóxico…En resumo, para combatir a crise hai soio dúas medidas, necesarias e suficientes…Unha, trocar o modelo enerxético por outro sostible e no posible autosuficiente e excedentario, (elo implica unha reconversión industrial e de consumo total), e vai levar o seu tempo, pero xa se está a traballar nelo…Dúas, trocar o modelo financieiro e de xestión empresarial, pero iso é mais complicado que o anterior pola absoluta falla de competencias da Galiza, (e tampouco ten moitas mais competencias o Estado, e nin siquera as ten todas a UE)…Así, que rapaz, vai reflexionar sobre o tema un rato e deixa de incordiar…

    Gústame

  2. A ver , antidemagóxico,eu teño outra alternativa,que é a seguinte, ” deixar construir enriba das nosas praias, pois venderíanse coma o lacón con grelos,pois isto é o que quere algún,¿non si ?,pois na vila onde eu vivo,(de momento),deixaron construir unha mole,a tres metros do rio que desemboca a 15 metros,con permiso do alcade,non,non,non é do PP,tampouco do BNG,eisi que, é o que temos,pero tranquilo,que polo que dixo hoxe Touriño, ” a economía Galega subíu 1 punto por riba da Europea,manda truco,e o meu peto,cun burato,que xa nen o airo queda,unha aperta

    Gústame

  3. Non te poñas tan agresivo, Costa da morte, ou es ti o dono desta bitácora? Xa vexo que non coñeces as medidas propostas polo BNG, algunhas delas interesantes, pero coma ti xa reflexionas por todos, non entendo como non te collen de asesor económico, rapaz.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s