Todos tranquilos

En máis dunha ocasión nos últimos anos, mesmo meses, enterámonos pola prensa de que en tal ou cal país, case todos eles do terceiro mundo, ocorreron traxedias semellantes.á ocorrida a semana pasada en Madrid, onde morreron máis de 150 persoas. Tiñamos, até daquela, a idea de que estas cousas no Estado Español non pasarían, que na España da Unión Europa é seguro voar. Chegamos a pensar que no Estado Español esas cousas xa non pasan. Como van a pasar esas cousas no estado que quedou na posición 14º no medalleiro olímpico? Como vai pasar iso nun Estado Español que é quen de organizar dúas carreiras de formula 1, en Barcelona e Valencia? Imposible!!. Pois non!!. A catástrofe aérea máis importante dos últimos 20 anos en Europa ocorreu, en Madrid.

Pero tranquilos, todo está baixo control. No Estado Español que pretende organizar os xogos olímpicos de 2016 as institucións funcionan. Os poderes executivo, lexislativo e xudicial, que son a coluna vertebral de calquera estado moderno e democrático do século XXI, funcionan con alas de tan fráxiles como a do avión sinistrado, e a ninguén sorprende que algúns políticos (Zapatero, Rubalcaba, Esperanza Aguirre, Gallardón, tamén Juan Carlos e Sofía…), ollaran o vídeo de AENA, unha proba fundamental para esclarecer esta traxedia, antes que o propio xuíz instrutor do caso, que se enterou pola prensa da existencia do mesmo. Iso si, o minuto de silencio, que cala todas as bocas e acapara todas as portadas, non faltou, e pobre daquel que non saia na foto.

Evidentemente, nin os familiares das vítimas nin o resto dos mortais poderemos ver o vídeo e tampouco a transcrición da conversa dos pilotos (algunha xa hai por aí), que deixaría en evidencia quen sabe cantas miserias e cantas feblezas deste Estado, no canto diso sempre poderemos saber todo sobre a operación de nariz de Leticia.

Unha opinión sobre “Todos tranquilos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.