Unha de pintadas

Xa hai un par de anos que sabía da existencia da pintada que vedes na fotografía, situada nunha parroquia de Vilanova de Arousa, preto do Pazo de Baión, e non lle dera moita importancia até hai uns días, que atopei outra semellante bastante máis lonxe, preto de Forcarei, na estrada PO-2003 que vai A Estrada. A pintada, como podedes observar, é tan clara e está tan perfectamente escrita como enigmático é o seu significado: Expano tapadeira de José Blanco.

Expano é unha empresa de Meis, que se dedica á obra pública (construción, movemento de terras, etc), que ten suculentos contratos con diversas administracións públicas, por exemplo a circunvalación de Caldas de Reis, que realiza o Ministerio de Fomento, ou o corredor de Noia, obra pagada pola Consellaría de Política Territorial.

José Blanco é o Vicesecretario Xeral do PSOE e Deputado no Congreso.

Que relación hai entre Expano e José Blanco? Quen e por que fixo esta pintada? Non sei.

Unha opinión sobre “Unha de pintadas

  1. Estaría ben que tamén puxeras algunha pintada que hai en Ferrol sobre Paco Rodríguez, ou sobre Quintana noutros lugares. Hai pintadas para todos, meu, e non só para os do PSOE.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.