Sin ti no soy nada (3)

É a terceira vez que abordo a “zapatero-dependencia” do Touriño. Durante a campaña das eleccións galegas de 2005 os anuncios dos xornais levaban a foto do Presidente do Goberno Español ao lado da de Touriño; o presidente galego, viste, peina e xesticula, igual que Zapatero, iso por non falar das cellas, ambos igual de punteagudas que o Mr. Spok. Pero non só polo aspecto físico, mesmo parece que a estratexia política de Touriño, e por extensión do PSOE galego, imita punto por punto á de Zapatero. Dous exemplos: Zapatero esgotou a lexislatura, Touriño tamén (no meu círculo máis íntimo recorría a este argumento concluir que as eleccións galegas non se adiatarían); o día 10 de setembro Zapatero comparecerá, a petición propia, no Congreso para explicar a situación económica, e Touriño para non ser menos tamén comparecerá a semana próxima no Parlamento.
Evidentemente poderase argumentar que cada un viste como lle peta e que as cuestións políticas esgrimidas son casualidades; pode ser, mais a min paréceme que Touriño ten moi pouca personalidade, anda falto de carisma, e esas debilidades pensa que as suple imitando a Zapatero. O peor de todo é que liga a súa sorte política á do presidente do goberno. Tampouco é nada raro, a fin de contas iso é o que veu facendo o PSOE toda a vida aquí en Galiza.

6 thoughts on “Sin ti no soy nada (3)

  1. Sodes imposibles e insaciables: sempre estades descontentos e con cara de malas pulgas. Pero non queriades que non houbese adianto de eleccións? A que vén logo estar sempre a cara de can con Touriño? Home, que Touriño se poida inspirar (non copiar) en Zapatero nalgunhas cousas non ten nada de raro. Os dous son presidentes e secretarios xerais do mesmo partido, aos dous lles foi ben nas eleccións, etc.Por certo, Quin inspírase en Artur Mas, sabíalo? E ti, Imeneo, en quen te inspiras? En Paco Rodríguez que sempre está de mala hostia?PD: É curioso, Imeneo, que sempre dispares contra o PSOE e nunca contra o PP. Curioso, moi curioso. Supoño que es dos que opinan que un goberno PP + BNG sería bo para Galicia. Véseche o plumeiro, meu.

    Gústame

  2. Ola antidemagóxico , podedes vir pola vila onde eu vivo,o PsoE goberna só ,( cos votos do BNG , a última hora deixaro-nos fora ,ao BNG , claro ), pero as mocións , as saca adiante grazas ós votos do PP, e van de ceas Xuntos e todo, iso é democracia, si xa digo para copias , os dous de sempre ( e non me estóu a referir , ao libro de CASTELAO ), PsoE – PP…….unha aperta saudosa

    Gústame

  3. Xa o dicia miña nai , ( por min ) , eres tontiño ehhh ,si home ,si , unha aperta,e boa tarde, e pregariache,que non me repetiras,que son tontiño ( agarimosamente ), aburrrr

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s