A río revolto ganancia de pescadores

Na miña opinión, que os congresistas rexeitaran o plan Bush de gastar 700.000 millón de dólares en comprar os bonos lixo para salvar ao sector financeiro non é ningunha sorpresa, pero tampouco se debe ao medo destes aos electores, porque, hai que ter en conta, que en Estados Unidos acode a votar moi pouca xente en comparacións coas restantes democracias occidentais, e, ademais, cun sistema bipartidista como o que teñen, coa polarización dos medios de comunicación arredor deles, tampouco terían maior problema en salvar a situación.
Mais para min, o interese dos congresistas está bastante máis lonxe dos intereses dos electores que do que reflicten os medios occidentais. Non hai máis que ver as noticias que nos chegan nestes días. Hoxe concretamente vemos que Citigroup faise con Wachovia, Mitsubishi inxecta 6.250 millóns por facerse co 21% de Morgan Stanley, o Banco Santander compra parte de Bradford & Bingley, etc. Isto é o que sae hoxe en El País, pero se nos remontaramos á semana pasada habería máis casos coma este. Que significa isto? Que se xa estabamos a vivir un período de acumulación de capital, agora multiplícanse as fusións a costa da crise e a prezo de ganga. É dicir, que uns poucos grupos financeiros repartiranse a torta do mercado, repartiranse millóns de clientes, que se sumarán aos millóns que xa tiñan.

Por isto mesmo, penso que o que os congresistas están a defender para rexeitar o Plan Bush non son os contribuíntes ao erario público, defenden aos contribuíntes ao seu peto privado. E no medio de todo isto, Obama, que no canto de desmarcarse e rexeitar que eses 700.000 millóns de dólares se utilicen para outros fins que non sexa salvar aos que crearon esta bola de neve, preferiu apoiar ao Plan Bush, quedándose practicamente só, en compañía do Presidente da Guerra de Irak, mentres que Mccain, para min, sairá reforzado pola defensa, falsa, iso si, dos intereses dos contribuíntes públicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.