Vía menéame atopei un blog no que aparecía un gráfico coas quebras de bancos dos últimos nove anos, incluído 2008, nos Estados Unidos. O gráfico, que toma datos da FDIC, que vén sendo o noso Fondo de Garantía de Depósitos, é o suficientemente clarificador como para decatármonos das dimensións do que está ocorrendo: 29 bancos quebraron en 2008 e 11 entre 2000 e 2007. Xa vedes que a cousa é seria e a solución non é doada.
A miña experiencia persoal-laboral indícame que unha solución sería seguir facendo o mesmo que até agora, deixar que as empresas sigan medrando a golpe de endebedamento, até que un día faga crash o sistema. Claro que ao mellor ese día está moi, moi preto.