Change!!!, what change?

Non sei se vistes a película Syriana. Nesta fita de 2005, dirixida por Stephen Gaghan, e protagonizada por George Clooney, o imperio americano utiliza todos os seus mecanismos políticos, económicos e militares para controlar o petróleo dun país do Golfo Pérsico, cuxo rei se debatía entre ceder o trono a un dos fillos pro-occidental ou a outro que quería utilizar a riqueza do seu país para beneficio do pobo. Finalmente non houbo tal decisión, o imperio decidiu dramaticamente polo monarca e polo pobo.

Nesta película o Imperio non estaba dirixido por un presidente malo malísimo. Non. Nin sequera se lle intuíu en toda a fita. O Imperio funciona autonomamente, e sabe cales son os seus obxectivos á marxe de quen goberne a Casa Branca, así sexa un burro ou un elefante.

Neste contexto, e aínda que suporá un fito importante que haxa un home que non sexa de raza branca non goberno dos Estados Unidos, nada cambiará para millóns de persoas no mundo, sobre todo alí onde haxa petróleo e intereses xeoestratéxicos para o Imperio. Poderá cambiar o talante, pero no fondo Obama aplicará as mesmas políticas que o seu antecesor. O exemplo témolo ben preto: Zapatero. É o presidente do “buen rollito”, do talante, un tío guai, fronte a un Rajoy e a un PP, crispador e malhumorado, pero a fin de contas ambos están de acordo no esencial, se ir máis lonxe, a semana pasada votaban conxuntamente o regalo de 50.000 millóns de euros á banca. Isto é o que dá de si o maniqueísmo do bipartidismo.

Obama para moitas persoas progres e de esquerdas xera máis simpatías que McCain, pero ambos son as dúas caras da moeda do Imperio e ambos, con certos matices, defenderán os intereses do Imperio alí onde estes estean en xogo. Eu mesmo, defendín a Obama neste blog, fronte a Hillary Clinton, mais agora, ollando a letra pequena, os matices, dá igual quen saíra presidendiábel, ambos débense aos intereses de quen lles paga a campaña.

Obama preséntase como o Presidente do cambio, pero como dixo Don Fabrizio en Il Gatopardo (Luchino Visconti, 1963), “algo debe cambiar para que todo siga igual”.

12 opiniones sobre “Change!!!, what change?

  1. Discrepo. O mesmo podía terse escrito cando Franklin Delano Roosevelt, demócrata, chegou á presidencia en plena gran Depresión. Obviamente, o Imperio non vai deixar de selo, pero non creo que dea igual Obama que MacCain, en ningún caso. Polo demais, os cambios en Estados Unidos dependerán do pobo norteamericano. A liberación dos pobos que sofren o militarismo neocolonial das élites dos USA dependerá deles mesmos. Como dos que sufriron ao imperio francés, o imperio británico, ou o imperio soviético (Lituania, Letonia…). Aí si que non hai novidade.

    Gústame

  2. Efectivamente, que Obama faga unha política ou outra depende da presión social que teña. Agora ben, tendo en conta as súas últimas declaracións -non serei o presidente da esquerda-, tendo en conta os apoios que recibe (Bill Gates, Warren Buffet, entre outros), os cartos que gasta na campaña, -máis que o propio partido republicano-, e tendo en conta os cambios de opinión a respecto de Irak e Afganistán entre outras, xa deixa entrever cal vai ser a súa política.Que Obama cae simpático, seguramente; tamén ZP cae máis simpático que Rajoy, sen embargo, ambos a política económica do PP non é diferente da do PSOE. E xa non digamos a importancia que ten Galiza para estes dous partidos; desde logo se Galiza pinta algo nos últimos anos é grazas a que ao PSOE fanlle falta os votos do BNG, que se non… non hai máis que mirar os anos de maioría absoluta do PP e do PSOE.

    Gústame

  3. “ambos son as dúas caras da moeda do Imperio”Pero que pelmas sodes os da UPG: levades corenta anos coa mesma cantinela monótona. Sal grosa que non sabe distinguir un allo dun bugallo (dunha bugalla si, que a tedes na diana).

    Gústame

  4. Ola boa tarde,veña “anti”,segue a ghomitar,pero cona,faino dentro da “taza”,a ver,mira anti,”prefiro que me critiquen por non cambiar,que por cambiar,e ainda por riba,o fago mal,¿non si?,e ven ó fio,por exemplo,mira Felipe González,trocou a súa “chaqueta de pana”,por unha de terGAL :-),e xa ves o resultado,en FERROLTERRA,ainda non comezou a malchamada RE-CON-VER-SIÓN,o nosos mariñéiros seguen sen futuro,(que eu vivín nas miñas carnes),a nosa cabana,de ser a millor de Europa,até o ponto de que hoxendía,os raparigos din,que a leite nasce nas bolsas de tretra-brik,¿verdade ou mentira?,a “maquinaria” de crear EMIGRANTES,está a traballar arreo,sen pausa,as vintaecatro horas do día, (eu non son da UPG,pero garzas a tí,anti,cada día que pasa estou máis perto,dela,da UPG), eisi que por iso,prefiro que me critíquen,”por non cambiar”,unha aperta e boa noite a todas-os,e como non,a o compañeiro anti-demagóxico,saúde, txema

    Gústame

  5. Falas de Ferrolterra? Pregúntalle a Paco Rodríguez e á UPG (esa que nunca cambia) da desfeita que alí fixeron dende hai catro ou cinco anos para acá? Como laminaron e machacaron a compañeiros nacionalistas, como fixeron baixar unha barbaridade en votos o BNG, converténdoo en algo marxinal. Pregunta, Texma, entérate dunha vez, porque non sabes do que falas.

    Gústame

  6. Eu do que sei,seino eu,e da “baixada de votos”,sábenno outros,e ises outros,ao que se adicaban,era a “bombardear,reventar as Asembleas,desprestixiar á Organización,etc,etc”,e re-pi-to,eu non son da UPG,pero o que non se pode facer,é,NEGARME o que EU,olléi e escoitei nas Asembleas,e o que non me cansarei de repetir é,na organización ten que traballar,TODO DIOS,que a min non me vale é aquilo de,”como as votacións(asemblearias)saíronme mal,pois non traballo”,ademáis,como vexo que sabes máis ca tí,pois excuso de falar máis díste tema,eu como militante,traballéi pra todo-los Candidatos que se apresentaron,e son NON ADSCRITO,pero repito,como militante,teño a obriga de traballar para o BNG,claro que iso xa deberia sair de un mesmo,polo tanto,como dicia un vello mariñéiro, ” ¿sabes o que pasa se cúspes pró ceo?, unha aperta dende acó na terra,P.D.-Non se pode negar a laboura realizada por Paco Rodriguez,porque daquela,é non ver a realidade,e pra cegos os da ONCE,punto e pelota,outra aperta ANTI,que eu seguirei a traballar pra o BNG,vaia quen vaia no CARTAZ,é do BNG, – txema

    Gústame

  7. Txema, ti es dos que se deixan manipular e non se enteran de que son manipulados. A ver, como explicas os resultados do BNG en Ferrolterra, de derrota en derrota até o desastre final? Traballar para o BNG é fundilo na miseria?

    Gústame

  8. Pois agora que me decato,pois igual,ata levas a razón,e dígoche porqué,comezéi a traballar a os trece anos,con quince fun embarcado,e levo toda a miña vida traballando,tes razón ANTI,…..!! fun manipulado polos meus pais !!,dende logo,o que hai que ollar e escoitar,mira ANTI,a min sempre che me gustou ou apreciar ás persóas ou xente que colabora ou traballa,sexa no eido que sexa,e precisamente se estou onde estou,é ,precisamente (aparte da miña ideoloxia)por que traballan e traballamos,a min,íso de lastiméi un dedo e non traballo,NON ME VALE,que traducido sería o de,”como perdin unhas votacións,nunha asemblea,pois me cabreo e non traballo”,NON-ME- VA-LE,e outra cousa,xa está ben de abanear o AXÓUXERE,e tanto ruxe-ruxe,eisi que,ADIANTE CO BNG , unha aperta ANTI,e ós demáis tamén,faltaria máis,boa tarde,por certo sonche tan galego,que antes de confiar nunha persoa,a estudo,non sei se me entendes ANTI,abur

    Gústame

  9. o mesmiño que dis o dixo un amigo meu cando morreu o Xoán Paulo II e estaban coas cábalas de quen sería papa, se o “progre” Martini ou o carca Ratzinger, que viñan sendo o mesmo un máis amábel e outro máis hooligan.Eu estoulle collendo unha pía ao Lampedusa ultimamente que non te podes imaxinar…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.