Un astronauta pode votar, un emigrante galego non

Os astronautas que viven na Estación Espacial Internacional, que orbita a unha altitude de máis de 300 quilómetros, a unha velocidade 7 Qm/s, puideron votar nas pasadas eleccións americanas.

En cambio, os nosos emigrantes situados en Arxentina, Venezuela, Brasil, etc, non poden votar en urna, nin por outro xeito que non sexa o pouco fiábel e chapuceiro que hai agora mesmo. Segundo Ricardo Varela, Vicesecretario Xeral do PsdeG e Conselleiro de Traballo, votar en urna ten unha “complexidade técnica considerábel”. Supoño que así será, pero máis complicado que votar dende a Estación Espacial Internacional non creo que sexa, pero algunha escusa hai que poñer para que os votiños dos nosos emigrantes caian do lado que a eles (aos do PSOE) lles interesa. Outro tanto habería que dicir dos nosos mariñeiros, claro.

Se é tan difícil como din os do PSOE habería que ir mirando de poñer en órbita aos nosos emigrantes para que puideran votar con garantías. Digo eu, porque visto o visto é a solución que nos queda.

3 opiniones sobre “Un astronauta pode votar, un emigrante galego non

  1. Ola bo día,pois mira Imeneo,será por aquelo de que algún ” anda nas nubes “, 😦 ,mira cando eu estiven embarcado,na década dos 80,o SGTM (Sindicato Galego dos Traballadores do Mar)da ING ( da Intersindical Nacional Galega ),xa tomara íste tema,e a día de hoxe segue a reclamar,o direito a voto dos nosos mariñéiros,pero nada,é posibel que,claro como “andan polo mar” non anden polo airo,será por iso??,ou será que,nada máis teñan direito a “pagar os Impostos”, e a votar,os que non os paguen??, unha aperta, mecajonb0w825&$”%=, txema

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.