Touriño, un presidente que non se aclara

O do presidente Touriño non ten remedio. Un día di unha cousa e ao día seguinte a contraria. A respecto da proposta do BNG de crear un instituto de crédito oficial o Señor Touriño un día di que lle parece mal, ao día seguinte que eles tamén o teñen recollido no seu programa electoral e ao outro máis di todo o contrario, que ese instrumento está desfasado.
Non é a primeira vez que se contradí. Cando foi a compra de Fadesa por parte de Martinsa fixo o mesmo: pola mañá parecíalle estupenda a operación e pola tarde parecíalle mala.

Aclárese señor Touriño, aclárese!!!

14 opiniones sobre “Touriño, un presidente que non se aclara

  1. Qué, Ime, vaste atrever a poñer un post sobre a UPG agora que andades de congreso ou vas ir de tapado como ides sempre? Veña, home, un pouco de orgullo partidario!A propósito, qué malleira lle está a caer aos upegallos nos comentarios en Vieiros.

    Gústame

  2. Andades a paus uns cos outros, Imeneo. A ver se tes bemoles de dar unha explicación.O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, e membros do seu gabinete estiveron cercados por sindicalistas do SLG no seu departamento de San Caetano por espazo dunha hora…Reclaman que se convoque á Mesa do Leite e piden un prezo mínimo para o leite. “Negociación Xa” é un dos berros que se poden escoitar. O SLG non asinou a acordo deste órgano e non están nas xuntanzas de seguemento do contrato homologado do leite. Por iso, acudiron hoxe á Xunta para protestar ante a porta do conselleiro.Polo momento non hai intervención policial. Ao parecer, os membros do SLG accederon á Xunta con carteis escondidos e por distintas entradas e convocaron, por sorpresa, aos medios de comunicación. As portas da consellería estiveron abertas en todo momento. Finalmente, unha delegación do SLG foi recibida por membros do gabinete do conselleiro.Tal e como xa contamos aquí, esta situación ven motivada polas diferencias que, dende hai algún tempo, arrastra o SLG coa consellería, especialmente, logo do enfrontamento interno que se viven dentro deste sindicato agrario.

    Gústame

  3. ANTI,…véxote.. -00- … :-),váisete callar a leite,de mala que é, oíche ANTI,no VIEIROS segue a escreber un tal GAVIOTERO ??, unha aperta e mañá,a COMPOSTELA ,( como invitado ), boa noite

    Gústame

  4. A ver ANTI , eu non teño farrapos suxos na casa,e si os tivera ,abofé que os lavaría,pero boeno,de cando lavo , unhas Ikurriñas,unhas Senyeiras,e como non,a nosa coa Estrela,vermella,non a da cervexa,ísa non,en fin ANTI,os farrapos bellos,sempre ” dixeron algo” , igual que os libros,os bellos por suposto,¿ non si ? , unha aperta eviva a nosa historia, a Galega ,por suposto,que dito sexa de paso,GALIZA tamén é belida e fermosa,e ás veces,ogallá,nunca se lavara,pra se conservar todo o seu ” encanto “,boa noite Imeneo´s,txema

    Gústame

  5. Home ANTI,eu séi que tí sabes porqué,pero bueno mira como ainda non hai video das súas verbas,vou ” abusar ” da confianza de Imeneo e vouche dar unha relación de varios diarios de prensa de hoxe,Ideal Gallego , XORNAL.com , Vieiros , Voz de Galicia ,Gznación, El País , A Nosa Terra , Galicia Hoxe e como non,dentro de uns días ,tamén en Imeneo e en ” fasciculos ” coleccionábeis ,que podes encarregalos nesta mesma páxina de Imeneo´s……. NEWS , :-DDD , xa quisera chegar eu até onde está chegar Bautista Álvarez,sobor de todo no tema das neuronas,boa noite ANTI,e a ver se nós chegamos aos anos do compañeiro Bautista,unha aperta, txema

    Gústame

  6. Por certo ANTI,acaban de traer a folla parroqial da miña vila,pra miña nai,e avisoume o da demisión de Bautista Álvarez,pra que vexas que ata o cura do povo,tamén se interesóu do tema , veña ANTI,saúde,e vou cear

    Gústame

  7. O das neuronas ,por suposto cadaquén as súas,eu o dicía por ise libro de História da Galiza,entre outras cousas,que leva con él,agora ben,eu non digo que tí teñas que mercalo,saúde pois, e unha aperta

    Gústame

  8. Con el leva un capítulo do libro, non o libro enteiro, porque Galicia é moitísimo máis que a UPG, home non! Por certo que eu merco e leo case todos os libros de historia de Galicia, incluídos aqueles nos que Bautista aparece nunha nota a pé de páxina. Saúdos, Txema.

    Gústame

  9. Ola boa noite ANTI,eu,en ningún momento fago mención ,de que a UPG sexa máis que Galiza,pero o que non se pode negar é,que a UPG,segue estando ahí,e da UPG saíu moi boa xente asi como bos politicos,xa sei que pra tí estarei trabucado,pero en fin,cada un ten diferentes dioptrías,polo tanto é o que temos,unha nazón que defenderen,por certo,ollaches a enquisa do PSOE??, pois saberás que o millor valorado……é…..Touriño, ¿que estrano,non si ? , 🙂 , unha aperta ANTI, e faltaría máis , pra os Imeneo´s taméntxema

    Gústame

  10. Por certo Imeneo (e perdón polo atrevemento),xa séi que terás moito traballo,pero,poderías trocar ou poñer outro comentario,pero que leve máis ritmo,como o da Muiñeira,se pode ser a de Chantada,millor (é unha broma Imeneo), Saúde e SEMPRE EN GALIZA,e por certo,hai que BOTAR a LLAVES ó rio Miño….¿ou non ? malachispa o confundatxema

    Gústame

  11. Joder, o que dá de seu a resaca do congreso da UPG, Imeneo. Paco e Bautista estiveron sembraos con declaracións recentes. O primeiro falando de “retirar de circulación” e o segundo de “fusilar”. Vas ter que recomendarlles moderación ou mellor poñerlles un bozal, que se non van espantar os votos, meu.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.