Que oportuno

Como se fora un mal presaxio do que se nos ven enriba, onte quedou colapsada a autoestrada AP-9, por mor da deixación, descontrol, … eu que sei, da empresa concesionaria, Itínere, do grupo Sacyr Vallermoso, que, como necesita sanear as súas contas, vendeulle esta concesión a un grupo americano, Citigroup, que tampouco anda como para tirar moitos foguetes.
O asunto é que lle traspasaron a concesión, e oportunamente, ao día seguinte, 15.000 vehículos e os seus respectivos condutores, quedaron atrancados no centro de Galiza, na principal arteria de comunicación do País, debido ao xeo e ao desleixo da concesionaria.

Como di o refrán o que mal empeza mal acaba, e por se fora pouco, hoxe na Radio Galega daban conta, -outra vez-, do suceso de onte, e nin se lles pasou pola cabeza ligalo coa privatización duna vía de comunicación prioritaria para Galiza. Vamos, como se non tivera a ver unha cousa coa outra, como se non tivera a ver que unha empresa privada gastará o mínimo no mantemento desta infraestrutura, porque diso depende a súa conta de resultados, e como os resultados de Itínere ou Sacyr, e non digamos de Citigroup, van como van, pois menudo futuro nos espera. Ao tempo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.