Menos mal que só é vento

A adxudicación do vento galego está facendo correr ríos de tinta, e tamén está poñendo a cada quen no seu sitio, deixando ver os intereses que defenden os contrarios a un plan que, por primeira vez, terá en conta a riqueza que se xere no país e para o país, a conta desa concesión, cuestión esta que alporizou ao PP, que sempre tirou para os de fóra cando a el lle tocou adxudicar muíños de vento. Ademais as empresas que adxudicatarias terán que pagar os impostos en Galiza, e non en Madrid. E tamén se terá en conta a porcentaxe de participación da Xunta de Galiza no accionariado destas empresas.

En resumo que nada ten que ver coas adxudicacións anteriores e algún revólvense nos seus asentos ao ver como unha Consellaría gobernada polo BNG reparte equitativamente e con criterio unha riqueza que algúns lle gustaría repartir aos de sempre, por exemplo, a Endesa, unha empresa que se por algo se caracterizou foi por esquilmar as nosas riquezas mineiras sen nada, absolutamente nada, a cambio. Así vemos como os defensores dos intereses alleos a Galiza, como o PP e semella que tamén La Voz de Galicia, arremeten duramente contra a Consellaría do nacionalista Fernando Blanco pola concesión desas licenzas antes de que se dean a coñecer, tildando o proceso de oscurantista, cando o baremo que vai servir de guía publicouse no DOG.

Para rematar, e como dixen no título, menos mal que só é vento, chega a ser petróleo e habería tiros, e mesmo algúns defenderían a intervención americana para poñer as cousas no seu sitio.

2 opiniones sobre “Menos mal que só é vento

  1. E non dis nada do PSOE, pero teñen unha envexa pola tarta que reparte o BNG, que non poden nin ver a Fernando Blanco e Quintana.Alén disto, eu sempre quixen unha empresa pública que xestionara nosa electricidade e non concesións a un feixe de intereses diversos. Pero en fin, dadas as circunstancias, os compañeiros de viaxe, o marco político, xa bo é o que fixo o BNG.

    Gústame

  2. Ola boa tarde a todas-os,ísto vai para algún,nova da Coz de Galicia – Venr.-19 Dec.- Touriño empraza ó BNG,a poñer as candidaturas eólicas,<>.Elude pronunciarse sobre,se prefire que o reparto dos muiños se deixe para despóis das eleccións.Ísto é o que hai, e digo eu, ¿¿ por qué ten tanto interese o PsoE,no tema do eólico ?? , ¿¿ por qué non pon o mesmo interese co tema de ASTANO ?? , boa tarde e unha aperta.txema

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.