Outro agasallo de ZP aos banqueiros

As reunións de ZP coa cúpula dos bancos deron moito de si. Primeiro o fondo de 50.000 millóns de euros para comprarlles activo, un proceso totalmente opaco coa escusa de inxectar liquidez ao sector financeiro. Pois agora tócalle á tributación das rendas de capital dos banqueiros, que baixa do 43% ao 18%, polos préstamos que estes concedan as súas entidades, pero os restos dos mortais seguen a tributar ao 43%, o tipo máis alto. É dicir, que se eu son socio dunha tenda e decido inxectar cartos na empresa na que eu participo a cambio dun interese, esas rendas tributarán ao 43%, se quixera que tributara ao 18% tería que ser accionista dun banco.
Esta é unha medida aprobada por Real Decreto, sen pasar polo Congreso, e con escasa publicidade, unha medida nas antípodas dun goberno que se define progresista e de esquerdas, ou polo menos así o definen moitos dos seus votantes, aínda que a práctica política de ZP e compañía está a anos luz desa definición.

3 opiniones sobre “Outro agasallo de ZP aos banqueiros

  1. Ola boa noite, !! manda truco !!,hai escasos dous meses,Zapatero,agasalla,presta…100.000 millóns de €uros a Botín e Cia. e agora 50.000 millóns máis,ísto é igual que unha fábrica de ” chourizos “,metes unha peza de carne,e saen 10.000 ” chourizos ” ,!! vaia BOTÍN !!,… :-),ísto ten un nome,pero agora non lembro, ¿e quen dixo CRISE ?,por certo haber cando pagan os cartos de Dependencia por parte da Sr..hai que pagar o que debe Sra. Ministra (Cabrera )do Goberno español,e deixar de A-GA-SA-LLAR cartos á Banca , que os cartos son nosos,e senón vaian buscalos a Siuza,e por certo,¿que pasa con ASTANO,agora vaise descubrindo a trama do PsoE,que xa estamos cansos de tantas mentíras,falsedades,sobérbias,falsas RECONVERSIÓNS a unha bisbarra que o único delito que cometeu foi……CONSTRUIR BARCOS,e xa levamos vintaecatro-24 anos ca corda ó pescozo,e veña a emigrar,cen, mil ,dez-mil,cen-mil,douscentos-mil , galegos máis pra emigración,un pouco de seriedade politicos de Madrí,sobor de todo aqueles que foron elexidos na Galiza , que van a votar o que lles manda ZonaPuteada,e BOTAN toda a merda pra Galiza,señores do PPsoe en Madrí,fagan unha lembranza de cando Paco Rodríguez ía espoñer o tema de ASTANO, e vos erguíchedes das poltronas e deixáchedes SÓ a Paco Rodríguez,debatendo o tema da Construcción Naval de ASTANO,e aínda por riba,un dos parlamentarios galegos do PsoE,(hoxendía senador)gargallaba a pracer polo túnel do Hemiciclo,e por riba , sacan a FOTO na Voz, eh…Xabier, saíras ben na foto,pero tranquilo que a foto está na Hemeroteca da Voz,(non me lembro a data),e digo eu , e porqué non “agasallan ” 50.000 millóns de €uros,e poñen a funcionar outra vez ASTANO ?,unha aperta,e menos soberbia,que os nacinalistas cometeremos erros,pero erramos menos que algúns,boa noite…Imeneo´stxema

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.