O fútbol e a solidariedade

Nas nosas latitudes poucos deportes hai tan mediáticos como o fútbol, que enche estadios cada fin de semana por toda a xeografía do Estado. É de dominio público que está tremendamente endebedado e que todo o que hai arredor del é publicidade; así vemos que as camisolas e os pantalóns dos futbolistas levan publicidade, os balados, as roldas de prensa, mesmos nos adestramentos hai publicidade, sobre todo nas equipas grande. En cada esquina hai publicidade, porque os que dirixen o fútbol saben que esas mensaxes publicitarias chegan a moita xente, e iso tradúcese en ingresos. Pero o fútbol tamén é distración, é entretemento das masas, o que explica a pasividade das autoridades fronte ás escandalosas débedas dos clubes e do fútbol en xeral.Como dixen ao principio, a publicidade rodea ao fútbol por todas partes, mais os futbolistas non poden exhibir calquera tipo de publicidade, antes ten que pasar por caixa, e senón multa. Iso foi o que lle pasou a Kanuté, futbolista do Sevilla CF, que foi multado con 3.000 euros polo Comité de Disciplina Deportiva, por exhibir unha camise de apoio a Palestina.

A solidariedade saíulle cara a Kanuté. Pero é curioso o artigo que lle aplicaron para sancionalo e que di así: “el futbolista que exhiba cualquier clase de publicidad, lema o leyenda, siglas, anagramas o dibujos, sean los que fueren sus contenidos o la finalidad de la acción, será sancionado como autor de una falta grave”. O curioso é que sancionen a Kanuté por unha camise que levaba oculta até que marcou un gol, e non digan nada da publicidade de 888.com, un casino on-line, que levan todos os xogadores do clube.

Este absurdo deberase a que no fútbol até a solidaridade pasa por caixa, así se explica que as camisolas do Barça teñan publicidade de Unicef ou que cada nadal teñamos que ver os soporíferos partidos dos amigos de Ronaldo frote a outro combinado exótico. En fin, fútbol é fútbol.

2 thoughts on “O fútbol e a solidariedade

  1. Solidaridade con Kanuté!…Penso que a sanción é anticonstitucional, (para todos os que adoran a Constitución Española), e que conste que a min no me convence moito isa Consti…Artículo 201. Se reconocen y protegen los derechos:a) A expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra, el escrito o cualquier otro medio de reproducción.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s