La Voz de Galicia manipula con malicia

Desde a resolución do concurso eólico foi público -en realidade, mesmo semanas antes-, La Voz de Galicia, emprendeu unha furibunda campaña de acoso contra o BNG que bate todos os records de amarillismo, terxiversación e manipulación como non se teñen visto aquí en Galiza, exceptuando, obviamente, ao xornal El Mundo, de Pedro J., outro xornalista, xunto con Santiago Rey, que presume de ser todo obxectividade.
O de hoxe non ten nome. Anuncia que a Xunta de Persoal de Vicepresidencia pide unha nova convocatoria dunhas probas de acceso para o Consorcio tendo como fonte un suposto boletín informativo da CIG, cando este sindicato desmente na súa páxina web que editara boletíns con esa información e, o que é máis grave, que investigara a suposta contratación de militantes do BNG dentro do Consorcio. Días atrás, tanto CIG como UXT, avalaran publicamente o proceso selectivo de persoal do Consorcio.

A El Mundo naceulle un duro competidor aquí na Galiza, treme Pedro J.

10 opiniones sobre “La Voz de Galicia manipula con malicia

  1. O BNG DEFÉNDESE: Copio e pego do boletín dixital do BNG.Sobre os procesos de selección do persoal do ConsorcioA realidade fronte á manipulaciónAs noticias aparecidas no xornal La Voz de Galicia sobre os procesos de selección do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar non responden en nengún caso á realidade dos feitos e constitúen un claro exemplo de manipulación informativa e de vulneración de todos os principios da ética xornalística.Convén ter moi presente o seguinte: todos os procesos de selección do persoal do Consorcio respectaron e respectan os principios e regras básicas dos procesos de selección de calquera Administración pública rexida polo Dereito Administrativo (publicidade, mérito e capacidade).O Consorcio, polo demais, está integrado pola Xunta, por 262 concellos -moitos deles gobernados por PP e PSOE- e por tres Mancomunidades. O lector ou a lectora da Voz poderá ser levado equivocamente á conclusión de que no Consorcio só decide a Vicepresidencia do goberno galego.É moi importante subliñar que estamos perante un proceso de concurso-oposición aberto e universal para a selección de persoal laboral fixo e ao que se pode apresentar calquera persoa. Un proceso que foi acordado cos sindicatos máis representativos dos traballadores e das traballadoras no Consorcio (CIG e UGT). CC OO, que agora aparece como crítico do procedimento, o que pretendía era a consolidación laboral automática de todas e cada unha das persoas que neste momento están a traballar no Consorcio sen realizar nengunha oposición. O BNG non optou por este modelo por ser claramente discriminatorio e lesionar os dereitos daquelas persoas que non son traballadores ou traballadoras do Consorcio. Na web da CIG -www.galizacig.com- atoparedes as razóns polas cales o sindicato nacionalista respalda sen dúbidas este procedimento de escolla do persoal.Criticar como fai La Voz de Galicia o nomeamento de Lois Castrillo ou de Pilar Candocia como cargos do Consorcio é ocultar ao público que estamos ante nomeamentos de natureza política, por se trataren de figuras asimilábeis aos altos cargos do Goberno. Como todo o mundo sabe, e non podía ser doutro xeito nunha democracia, no caso do persoal de natureza política a súa designación é libre, do mesmo xeito que o seu cesamento.La Voz denuncia tamén que arredor de oito persoas vinculadas ao BNG (excluídos os cargos políticos) teñen unha relación contractual co Consorcio. Aquí o xornal falta á verdade cando atribúe a alguna persoa, con nomes e apelidos, condición de militante do BNG, o que é totalmente falso. Polo demais, é obvio que a condición de militante dunha forza política non inhabilita a ninguén para exercer unha función dentro da Administración pública. Defender o contrario sería tanto como atentar contra o dereito fundamental á participación en política, un dereito fundamental en calquera democracia.Como calquera pode entender, non sería estraño que entre as 1.100 persoas que traballan no Consorcio 8 ou 10 fosen militantes do BNG. É unha proporción que, tendo en conta o feito de o BNG ser unha organización cunha militancia moi numerosa, sen dúbida se dá en muitas outras entidades ou empresas, públicas ou privadas, desa dimensión.

    Gústame

  2. La junta de personal de los servicios centrales de la Xunta de Galicia, el equivalente al comité de empresa, solicitó ayer formalmente la «paralización» de las pruebas selectivas convocadas por la Vicepresidencia de Igualdade e Benestar para las galescolas y las residencias de mayores por entender que no reúnen «garantías legais de igualdade, mérito e capacidade no acceso ao emprego público».El máximo órgano laboral de la Xunta, que agrupa a los sindicatos CIG, UGT, CC.OO. y CSI-CSIF y que representa a los 3.000 funcionarios autonómicos con plaza en Santiago, emitió una declaración escrita, firmada por su presidente rotatorio, Luis Antonio Vázquez Estévez (CIG), en la que discrepan de la conveniencia de realizar las pruebas «en plenas eleccións autonómicas, o que leva a sospeitar que as prazas xa están asignadas de antemán».

    Gústame

  3. A liña editorial dese xornal só se explica pola aquiescencia do BNG perante a aparición de Xornal…e a guerra mediática que se desatou como consecuecia. Hai moitos cartos en xogo como para xogar con isto.

    Gústame

  4. Si, si, xa o lin. Pero é palabra contra palabra. Medio Rural debería demostrar con documentos que a noticia é mentira para desenmascarar os falsos denunciadores. Que apostamos a que non o vai facer?

    Gústame

  5. o que ten que demostrar con papeis que di a verdade é o xornal, non a Xunta, porque se esta demostrara que La Voz minte, que pensas? que ao día seguinte ía sair neste xornal o seguinte titular: Perdoade estabamos equivocados.

    Gústame

  6. O problema que tedes é que son xa moitas as sospeitas que recaen sobre vós. Demasiadas. E convocar oposicións como facía o PP, pois qué queres, á xente chéiralle a chamusquina.O Pepe ese de Cartelle podería denunciar o caso nun xulgado. Vaino facer? Pois non.O cerco da sospeita estreitase máis. Esa é a verdade.Poderiades quitar no Xornal de Galicia os documentos que mostran que minten. Per ídelo facer? Pois non. Por que? Vós saberedes. A min chéirame a chamusquina.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.