BoiCoz

A campaña que emprendeu La Voz de Galicia contra o BNG só é equiparábel a aquela que mantivera a mediados dos anos 90, que sen ningún tipo de rubor equiparaba á organización frontista cunha organización terrorista (recordemos que en 1997 o BNG acadou a mellor resultado electoral da súa historia, pasando de 13 a 18 escanos no Parlamento Galego). Hoxe, en 2009, este mesmo xornal iniciou unha campaña de acoso ao BNG utilizando como fonte un panfleto da CIG, cuxa información foi desmentida categoricamente por esta organización sindical. Pero La Voz de Galicia nunca se equivoca, e se hai que mentir sobre a selección de persoal nas Consellarías do BNG faise sen ningún tipo de rubor, malia a que esta información sexa desmentida pola propia administración, que, por outra parte, ingrésalle a este grupo mediático inxentes cantidades de cartos públicos (case un millón de euros en 2007).

Unha persoa que quere estar informada necesita ler un xornal ou mirar unha páxina web determinados? Non. A oferta informativa e mediática é moi variada e ampla, que se multiplicou por 10 (ou por 1.000) coa irrupción de internet nas nosas vidas. Ademais, case todos os medios reflicten as mesmas noticias, só hai pequenos matices que os diferencia. Así uns son máis ou menos serios e rigorosos segundo lle conveña aos intereses económicos que os sustentan. Eu desde logo non necesito La Voz de Galicia para estar ao día do que acontece no meu concello, en Galiza ou no Mundo. Non quero un xornal que se erixa en voceiro do noso Pobo utilizando maioritariamente a lingua do pequeno imperio español. Como dixen, hai outros xornais, hai outras páxinas webs para estar informado sen necesidade de empregar os do Grupo Voz. Así que… BoiCoz a La Voz.

Unha opinión sobre “BoiCoz

  1. O cantamañañas de Latorre reparte a todos, non só ao Bloque, aínda que sexa quen máis leve. Espero que agora Quin non lle faga máis a pelota como cando ía falar con el en castelán. E que ninguén siga subvencionando a Voz, Bloque incluido.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.