Gran Torino e a recuperación de USA

Gran Torino é a última fita de Clint Eastwood, un dos mellores directores americanos vivos, que ten dirixido nos últimos anos as mellores películas Made in Hollywood. Mistic River, Million Dollar Baby, … son algúns bos exemplos.

Gran Torino desenvólvese no contexto dun deteriorado barrio residencial, símbolo do American Way of Life, habitado na súa meirande parte por asiáticos, mais tamén por negros, latinos, polacos, negros, irlandeses, italianos, … Ese barrio é como un pequeno campo de batalla onde loitan todos contra todos e onde ninguén está a salvo. Unha guerra solapada, que lle recorda ao protagonista, Kowalsky, a súa estadía na Guerra de Corea, que lle causou unha grande trauma psicolóxica; mais nesta ocasión non loita con pistolas, se non que utiliza outras vías para reconducir a vida dalgún dos seus veciños asiáticos (mundo laboral), a piques de ingresar nunha banda criminal, ou expiando traxicamente as súas culpas para pór a disposición da xustiza os criminais do seu barrio, unha expiación, que, como explicarei máis adiante, ten ademais outra intencionalidade.

Para min, Eastwood pretende con esta película recuperar américa, recuperar os seus valores, moi deteriorados: quere recuperar fisicamente o seu barrio, tenta reconducir a vida dun adolescente polas canles do emprego, do sacrificio persoal, tendo como referente os valores e símbolos consumistas que fixeron grande a América, o coche, un Ford Gran Torino, un coche americano,. É dicir, que a recuperación económica de Estados Unidos pasará ineludibelmente por consumir produtos Made in USA, cuestión esta que lle reprocha aos seus fillos.

Clint Eastwood ridiculiza nesta fita a institución eclesiástica: un crego virxe que non sabe nada da vida. El é crente pero nin comparte as doutrinas da Igrexa nin os seus sacramentos: a confesión ridícula que fai co crego contrasta ca máis íntima e exorcizadora da súa trauma que lle fai ao mozo asiático; a ter en conta tamén os brazos en cruz cando cae morto a tiros.

Tamén, e iso é algo que xa vimos en Million Dollar Baby, Eastwood defende o dereito a unha morte digna de todas as persoas, incluída a súa propia, a do protagonista, que ten unha enfermidade mortal de necesidade. A tráxica escena final está cargada de simbolismo e cunha tripla función: por un lado o protagonista enfróntase á trauma da guerra de Corea, (o “niño de ametralladoras” que tanto o atormenta); por outro lado sacrifica a súa vida por mor da enfermidade terminal e para poñer a disposición da xustiza a banda que atemoriza o seu barrio.

Para rematar dicir que eu non son un grande coñecedor das técnicas cinematográficas, das que seguro que outros se pararán máis ou menos para loubar ou non unha película, eu quédome coas cousas que conta para discernir se unha película é boa ou non, e Gran Torino é unha grande película e Clint Eastwood un gran director, malia que algunhas cousas que conta non sexan do meu agrado, pero é tanta a mediocridade imperante no cine actual que chega unha fita coma esta e tes que dicir que é boa, pola clareza das ideas que quere reflectir. Outra cousa é o Clint Eastwood actor, que non se dá desprendido dese rostro duro e insensíbel; malia a todo esta película faise impensábel sen outro actor que non fora el, seguramente porque quen mellor ca el para encarnar e defender os valores que plasma esta película.

Unha opinión sobre “Gran Torino e a recuperación de USA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.