A primeira en caer

Hoxe domingo o Banco de España decide intervir a Caja de Castilla-La Mancha polos seus problemas financeiros deribados dunha política préstamos desastrosa que levou a conceder créditos por 3.000 millóns de euros “irrecuperábeis”, entre outros problemas de xestión. Un dos créditos perdidos foi para construír un aeroporto en Ciudad Real por valor de 1.100 millóns de euros, que como se pode comprobar trátase de pura e simple economía especulativa no canto de meter cartos na economía produtiva.

Esta é a primeira carta do castelo de naipes do sector financeiro español. Haberá máis… ao tempo.
—-
O goberno central aproba un aval de 9.000 millóns de euros para garantir a solvencia da entidade. Aínda que Solbes e De la Vega din que non se van empregar todos eses cartos, como moito 3.000 millóns, a previsión desa cifra pode dar conta do que se pode vir enriba, e estamos a falar dunha entidade financeira que representa o 1% do sector. Non quero nin pensar que pasaría se se tratara dun dos grandes (BBVA ou o Santander).

Por certo, non estaría de máis saber se esta entidade financeira acudiu á subasta de activos do Banco de España. Se acudiu está calro que o burato é ben fondo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s