A mala educación

Chegoume por correo electrónico un libriño publicado en 1940 para os rapaces da ditadura. O libriño, titulado Así Quiero Ser, editado con “Censura eclesiástica”, alecciona aos máis novos sobre cousas como a patria, a familia, o Caudillo, o comercio, o diñeiro, a liberdade, etc… con aseveracións como “El Caudillo sólo responde ante Diós y ante la historia“, ou “El destino universal de España ha sido la salvación de todos los pueblos por la fe“.

Á marxe de aseveracións como as anteriores, tamén aparecen outras instrucións dunha maior transcendencia social, como “La previsión social asegura el pan de todos los trabajadores, aunque no puedan ganarlo“, que nada teñen que envexar ao estado do benestar actual, outra cousa é que se cumprira.

Afortunadamente a meirande parte do que se di neste libro non ten rigor científico de ningunha caste, por iso as cousas, por moito que se insista, caen polo seu propio peso. Pero a ditadura de Franco sabía da importancia de recibir “instrucións” como as que firugran neste libriño desde ben pequeniños, por iso os seus heredeiros ideolóxicos non queren que se imparta en galego as asignaturas da educación obrigatoria, e queren desmantelar as Galescolas. Saben moi ben que unha educación en galego educará a mozos e mozas conscientes do seu País, e iso é algo que queren evitar a toda costa, queren evitar que Galiza exista.

Unha opinión sobre “A mala educación

  1. Isto venme á memoria, día calquera da semán, anos sesenta, escolas ” nacionales”, hora, nove da mañá,de luns a sábados pola mañá, sentados no “pupitre”,silandéiros,o mestre manda poñernos en pé e co a man direita erguida , ” y ahora, cantémos todos juntos , nuestro “himno nacional” , “cara al sol”……., agora veñen os da Galicia Bífida e abofé, que como sigan, voltarémos a os tempos que máis ou menos expón neste comentario de Imeneo, “A mala educación”, experiencias que a min persoalmente, tatuáronmas a ferro quente no lombo ( metáfora ), e a hostias descargadas na miña faciana e a dos meus compañéiros,ísto sí , é certo.E por facer outro comentario real tamén, ” nunha noite calqueira, dunha vila calqueira da Galiza, un home xoven, pai de familia, atopábase escoitando Radio Pirenáica, vai un veciño, e fai unha denuncia a íste veciño, á media hora, fan acto de presenza a ,o levan preso, e o outro día pola mañá, apareceu morto á beira dun camiño, e dicir ASASINADO “, e ainda hai quen defende aquel réxime TERRORISTA “, ” así quería ser , algún “, unha aperta Imeneo,e grazas polo “libriño “, pois, de cando en vez , axuda a “refrescar a memoria” a máis de un, unha aperta txema

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s