Hai pobo!

A choiva, que sempre nos acompaña nos grandes momentos, volveu a estar presente na maior manifestación en defensa do galego que se ten visto até o momento, e que percorreu as rúas da capital de Galiza para concluír na Quintana que se quedou pequena para acoller no seu seo a tanta que xente que clamabamos que “ningún paso atrás na defensa do galego”.

Seguramente axudou, para que se dera esta catarse colectiva, as agresións que durante este último ano sufriu o galego: as declaracións e as manifestacións dos de Galicia Bilingüe, subvertendo a realidade, para acosar o noso idioma, e o PP de Feijoo, o máis extremista no fondo e na forma que se ten visto até o momento, tanto, que fará bo ao PP de Fraga.

Onte viuse que hai pobo, que hai esperanza para Galiza e para o galego. O noso idioma está nunha situación crítica e os que nos manifestamos onte polas rúa de capital galega non queremos ir a vivir a un gheto, non queremos ser “raros”, queremos vivir con normalidade o uso do noso idioma, porque se desaparece o galego, Galiza tamén desaparecerá como ente diferenciado, como ente político.

One thought on “Hai pobo!

  1. En realidade, foi moito, hai que ser realista, eu non esperaba tanta xente, e ísto será boa sinal ?, se nos paramos a pensar un pouco, deu a impresión de que eran as Manifestacións de NUNCA MÁIS, ou non ?,en fin, o 17 o pobo demostrou estar “esperto”, veña unha txema

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s