A imaxe da crise

O Baltic Dry Index é un rexistro de contratación de fletes marítimos de carga seca das 26 principais liñas marítimas mundiais. A estatística deste índice non pode ser máis demoledora. Desde xaneiro de 2008 até xaneiro de 2009 a caída de contratacións de fletes é espectacular, o que significa, obviamente, unha caída espectacular da demanda de mercadorías a nivel mundial, síntoma da grave crise económica na que nos atopamos.

Malia a que o gráfico é por si só moi ilustrativo, a continuación déixovos unha imaxe, que atopei en Fogonazos, dunha morea de buques mercantes ancorados fronte ás costas de Singapur á espera de que os chamen para ir a cargar, levando nese estado estático bastantes semanas. Refúxianse en Singapur por cuestións metereolóxicas, ao estar ben resgardados, e por cuestiós económicas, están preto dunha das principais zonas comerciais do mundo, Asia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.