Unha de piratas

A visión romántica que temos dos piratas é a duns aguerridos homes que asaltan os barcos que desde as “indias” ía cargados de ouro e prata para Europa, riquezas que as potencias militantes e políticas daqueles tempos (España, Portugal, Inglaterra, …) saquean no novo mundo.

Hoxe en día, esa visión romántica cambiou radicalmente. Os piratas somalíes non son os heroes que reflicten as películas, como as protagonizadas por Errol Flynn. Agora os piratas son os malos, saquean e asaltan os nosos barcos.

Mais a min hai algo que non me cadra. Segundo os medios de comunicación e o goberno, os barcos, españois, como o Alakrana, asaltado estes días, faenan en augas de Somalia, e son asaltados por piratas que só buscan unha recompensa; iso no mellor dos casos, porque moitas veces non se sabe porqué son asaltados. Como dixen antes, se os barcos somalíes faenan en augas de Somalia, haberá un tratado con este país africano para que os barcos españois poidan pescar en augas deste país africano. Ollando o mapa que ten o Ministerio de Mar e Medio Rural das zonas de pesca que ten o Estado Español, atopo algo chamativo: non se ve que haxa unha zona de pesca específica nese país africano, como si a hai moi preto, por exemplo, Madagascar. Quere iso dicir que “El Reino de España” non ten tratado de pesca con Somalia? Se isto é certo, os piratas, os que saquean os recurso marítimos dos somalíes son os españois, e o resto de países que aproveitan a febleza do país africano para arrasar coas súa riquezas, mentres os seus paísanos morren de fame, ou, como neste caso, son acusasdos de terroristas e piratas por defenderen o que é seu.

2 thoughts on “Unha de piratas

  1. Eu penso que non debes de estar moi errado nesa cuestíón, aínda que eu tampouco o teño moi claro. Din que son pescadores que se rebelan contra a explotación das súas costas, pero aquí falan de piratas, así é moito máis fácil que os vexamos con malos ollos, cando eles só tratan de sobrevivirBicos

    Gústame

  2. 1. Escoitei que os ataques marinhos ocorrían antes da ruptura do acordo pesqueiro (rachouse precisamnete por ese motivo) e que os ataques se producen en augas internacionais (fóra das 200 millas).2. Se os marinheiros son capturados cometendo algunha irregularidade, poderían levalos ante as autoridades do seu país (país por certo, que deixa os recursos propios en mans de multinacionais tamén culpábeis, para enriquecer oligarquías).3. Non comparto a sobre-explotación marinha nen de recursos de países subdesenvolvidos, mais non estamos a falar de pobres pescadores senon carne de canón enviada por mafias militares que cobran millóns de euros polos secuestros.Habería que modera-lo discurso crítico. Máis que nada por respecto ás familias que poden perder a un membro (polo feito de tirar e recoller rede onde lles mandan), ás familias que tenhen membros embarcados durante meses e ás familias de marinheiros nun país de marinheiros. Os culpábeis non están no Alakrana, están en terra, en Madrid e na costa somalí.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s