Alakrana vs Miguel Ángel Blanco (II)

En primeiro lugar alégrome do final feliz que tivo o secuestro do buque Alakrana. O Goberno Central pagou o rescate, 2.300.000 millóns de euros, que pagan a vida de 36 mariñeiros que levaban secuestraddos 46 días. Felicitar aos familiares que loitaron para que este secuestro non permanecera no olvido, até conseguir este feliz desenlace.

Por outra parte, como xa fixen hai un días, volvo a reincidir no tratamento diferente que se lle deu a este secuestro respecto do de Miguel Ángel Blanco. O resultado final, como todos sabedes tamén foi diferente: a morte deste mozo de orixe galega. Pero ambos os dous, desde a óptica dos partidos estatais son semellantes, porque, se para PSOE e PP, ETA é unha banda de delincuentes, tamén o son os secuestradores somalíes; en cambio a estes últimos “delincuentes” dáselles 2 millóns de euros, en cambio da vida de 36 mariñeiros, con ETA, que non pedía cartos, só pedía o achegamentos dos presos e presas vascos dispersos polo Estado, non se negociou en ningún momento, cuxo falta desenlace xa coñecemos. U-la as diferencias? Está claro, ETA, Euskadi é un problema político, con significativos beneficios electorais para PP e PSOE, non é un problema de seguridade cidadán, porque se así fora negociaríase con eles para evitar a morte de Miguel Ángel Blanco.

Compárteo

2 thoughts on “Alakrana vs Miguel Ángel Blanco (II)

  1. Concordo plenamente co teu comentario, e xa pasado o longo pesadelo do ALAKRANA , quero, se me deixas a túa WEB, pra poñer o comunicado recibido hai agora escasamente, dúas horas,o primeiro comunicado é meuZORIONAK DENORI – PARABÉNS A TODOS e o segundo é a resposta dun compañeiro de BERMEO, ZORIONAK!!!!!!BERMEON DANOK GAUZ POZIK. AKABA DA. que a traducción é , PARABÉNS !!!!EN BERMEO TODOS ESTÁMOS LEDOS. XA REMATOU.Grazas Imeneo, por permitirme expresar na túa WEB, boa noite e unha grande aperta , e agora hai que esixir ao Goberno Central , que usen a cachola pra que ísto non volte acontecermarusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s