O letargo verde

Galiza non se Vende é unha plataforma que aglutina a un considerábel número de colectivos de diversa índole, desde asociacións ecoloxistas como Verdegaia, a asociacións deportivas Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pasando pola Coordinadora de Crentes Galeg@s. Como se ve Galiza non se Vende está composto por un todo tipo de sensibilidades sociais, culturais e tamén políticas. Naceu, -seguramente non é exacto-, aló polo ano 2007, en pleno goberno da Xunta do BNG e o PSOE, e tivo unha actividade febril arredor das piscifactorías que a Consellaría de Pesca, dirixida por Carmen Gallego, permitiría construír en diversas zonas do litoral galego.

O seu activismo ecolóxico ten varias frontes: o urbanismo caótico, as infraestruturas de transporte irracionais, as piscifactorías, os campos de golf, os portos deportivos, os encoros, os parques eólicos indiscriminados, os paseos marítimos e fluviais ríxidos, os recheos, os monocultivos de especies exóticas e invasoras, o nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… As súas demandas son, entre outras, desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio. Como se pode ver, as frontes e as demandas desta plataforma son facilmente asumíbeis por calquera que teña un mínimo de sensibilidade ecolóxica e amor ao país.

Pero quixera destacar unha cuestión importantísima para este país, pero que sen embargo esta plataforma nunca tocou: a agresión á nosa lingua, que tamén é o noso patrimonio. O cal, sinceramente, resulta moi curioso, pois eu entendo que as agresións á nosa lingua e á nosa cultura están directamente relacionadas coa agresión ao noso entorno. O día que respectemos e valoremos a nosa lingua melloraremos substancialmente tamén no eido medio-ambiental. Sen embargo, este colectivo non secundou a manifestación do 18 de outubro convocada pola Plataforma Queremos Galego.

Como dixen, mantiveron (e digo ben) unha activismo frenético nos meses nos que o bipartito gobernou a Xunta. En concreto, convocaron varias manifestacións, unha delas a escasos días das eleccións galegas do 1 de marzo, cuxo resultado xa coñecemos todos, secundada por miles de galegos e galegas, entre os que había todo tipo de colectivos e persoas a título individual, algunhas delas de certa relevancia política e mediática.

Pero este febril activismo mudou radicalmente desde que se celebraron as eleccións do 1 de marzo e desde que goberna o Partido Popular. As aparicións mediáticas e públicas desta plataforma desapareceron, mais non os problemas que eles denunciaban no seu día; máis ben todo contrario, o PP ten na súa axenda construción de piscifactorías en terreos que se entregan directamente ás empresas, no canto da concesión do bipartito; as agresións ao caudal do río Sil por parte dunha hidroeléctrica pasaron totalmente desapercibidos por este colectivo; mudaron substancialmente o plano eólico ideado polo BNG, eliminando os ingresos nas arcas públicas dunha porcentaxe dos beneficios, a parte de eliminar as garantías medio-ambientais. Estes son algúns exemplos, máis poderían ser bastantes máis.

Pero por que está practicamente desaparecida a plataforma Galiza non se Vende, reducindo o seu radio de actuación ao sur de Galiza, concretamente á Ría de Vigo, onde manteñen unha loita contra os recheos de Bouzas e a construción do Porto Deportivo nos terreos da Factoría Massó. Galiza mellorou medio-ambientalmente falando desde o 1 de marzo? Practica o PP un política sustentábel ecoloxicamente falando e socialmente xusta froito da presión deste colectivo?. A resposta é non. Entón, a que vén este letargo? A que mude outra vez o contexto político?… O tempo dirá.
Compárteo

2 thoughts on “O letargo verde

  1. Pois vai ser que tes rasón Imeneo, será que agora comprenderon de que ” botar ao BNG ( ou bipartito como gostedes)”, supuso que agora DES-goberne o PP na Galiza ?, tamén pode ser que coa friaxe que vai, pois non apetece sair á rúa, claro que eu son dos que , ” chova ou vente, o caso é participar con sentido”, <>, eu comprendo aos que “botaron ao BNG” (pero non os entendo), por aquilo de que ninguén é perfecto, pero cona, e que o PP leva !!! nove-9 meses a VENDER a nosa Galiza !!! e nin dios dí nada, tarde piaron algúnsmaloserá

    Gústame

  2. Deches no cravo Imeneo. Deches no cravo. E aínda me atrevería a decir que foi posto en marcha polo PP para erosionar especialmente ao BNG. Acordarédesvos que a estas manifestacións acudiron raudos e veloces algunhas voces críticas do BNG (Beiras, Camilo, etc). Xa daquela quedaron en evidencia, pero agora a evidencia tórnase insoportable: Galiza non se Vende=Partido Popular.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s