A cousa está fodida

Caixa Nova e Caixa Galicia malia as reticencias iniciais empezan a renovar os seus órganos de goberno consonte a Lei de Caixas aprobada en decembro. Aínda que o proceso se está facendo a marchas forzadas, pode verse freado en seco se o Goberno Central do PSOE presenta un recurso contra a lei. O PSOE galego, segundo algunhas informacións, di que o 5 de febreiro podería ser o día no que, unha vez máis, un goberno socialista recorre contra unha lei aprobada no Parlamento de Galiza; recordemos que a primeira lei foi a da Normalización Lingüística (curioso, o PSOE sempre enliado a ca lingua, a disposición adicional primeira, apartado 2 da lei de Caixas di o seguinte “As caixas de aforros galegas e as que operen en Galicia deberán ofrecerlles aos seus clientes, no ámbito da comunidade autónoma, a posibilidade de formalizar contratos e recibir as comunicacións periódicas que deban realizarlles en galego”).

Se o Goberno Central do PSOE presenta un recurso paralizaríase todo o proceso, e o que é peor, que as caixas non chegarían a tempo para presentar un proxecto formal de fusión, tal e como ordena o FROB, xa que este ten que presentar antes do mes de xuño, quedando, polo tanto, ambas entidades desprotexidas ante as acometidas de a CajaMadrid de Rodrigo Rato ou La Caixa, as dúas grandes caixas estatais. Se isto ocorre, os aforros dos galegos irán para Madrid ou Barcelona, e non se investirían nin en Vigo nin en ningún sitio como pretenden moitos vigueses e os galegos de boa fe, investiríanse no Centro, coma sempre.
Compárteo

One thought on “A cousa está fodida

  1. Na foto semella que o Caballero, está a dirixir a <>, mágoa que algúns non queiran ver o que hai co tema das Caixas, eu sigo a lembrar o cartaz da Vaca de CASTELAO , cós “tetos” mirando pra Madrí, pois nada, que non deprendemos, unha aperta e , os méus cartos, !! quero que fiquen na Galiza !!marusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s