Eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia!

As caixas de aforro pode e deben cumprir unha función fundamental na economía de Galicia.

Son entidades de carácter semipúblico e que concentran máis da metade do aforro das galegas e dos galegos.

O que está en xogo no actual debate sobre o seu futuro é nin máis nin menos que cara a onde se vai dirixir ese aforro. Se a financiar o desenvolvemento económico de Galicia ou o doutros territorios do Estado.

O Goberno Central do PSOE tomou no seu día a decisión, apoiada polo PP, de proceder a unha redución no número de caixas. Para iso se aprobou o FROB.

O FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), aprobado cos votos do PSOE e do PP, busca a eliminación das caixas de aforro das distintas comunidades autónomas para seren finalmente bancarizadas, isto é, privatizadas e absorbidas polos grandes bancos estatais.

Así é o Goberno Español o que abre a vía de que as caixas galegas podan ser absorbidas por caixas de fóra de Galicia.

O FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), aprobado cos votos do PSOE e do PP, busca a eliminación das caixas de aforro das distintas comunidades autónomas para seren finalmente bancarizadas, isto é, privatizadas e absorbidas polos grandes bancos estatais.

Esta reestruturación ten que levarse a cabo antes do mes de xuño e o Goberno Central do PSOE ameaza con recorrer a Lei de Caixas, impulsada polo BNG e aprobada polo Parlamento Galego, o que paralizaría calquera posibilidade de fusión entre Caixa Nova e Caixa Galicia, deixando ás caixas galegas nunha posición moi feble para facerlle fronte a un FROB ideado para reducir o número de caixas de aforro.

Unha de dúas: ou se está pola fusión de Caixa Nova e Caixa Galicia ou se está co deseño elaborado polos grandes banco en conivencia cos principais partidos políticos estatais. Eu se está con Galicia ou se traizoa a Galicia.

Por estes motivos, eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia. E ti?

Tes un blog ou páxina web. Pega o seguinte código:


<img border="0" height="51" src="http://1.bp.blogspot.com/_mV_VDtC0BEg/S2SVLMh2slI/
AAAAAAAAAYM/SzvdaL_lqIQ/s400/banner2.jpg” width=”400″ />

Compárteo

11 opiniones sobre “Eu quero que se fusionen Caixa Nova e Caixa Galicia!

  1. Home , Hermida, boa tarde, alédome que me fagas ise comentario, mira eu, ben cho séi ( xa séi que morreu vai anos), tanto que xa daquela, eu, sempre estábame a preguntar….., ¿ ONDE VAN ÁS DIVISAS DOS NOSOS EMIGRANTES ?, ¿ porqué en Madríz son máis “ricos que os galegos” ? , mira Hermida, e precisamente como UN andivo por aí adiante vexo as cousas doutra maneira, tamén séi que máis de catro,( sobor de todo na banda de Ourense), fixéronse “ricos ( e repito ), cós cartiños dos nosos EMIGRANTES,(meu bisabó, meu abó e pra rematar meus páis), pois como ís dicir, eu séi dalgún, que de ser mestre no Rural, abriu unha “caixa” nunha aldea, e aí está, “saen ovos e polos a esgalla”, comprendiche, ¿verdade Hermida ? , pois eu como non che son “Economista”, boeno sí, en parte sí, porque teñoche que botar moitas contas pra chegaren a “fin de mes”, e precisamente É aí cando ún , faise “Economista por horas”, e abofé que saen as contas, no meu caso “negativas”, é por íso que estou a favor da Fusión das “nosas Caixas”, por´que precisamente, XA ESTÁMOS FARTOS de que(como tí ben dis), de que “os Nosos Cartos, os nosos aforros “, sigan ,” a emigrar cara a o centralismo, é dicir, a Madríz”, e que dunha vez por todas, “petémos unha Os…, na mesa”, e que fiquen na nosa terra, isto nos anos 70, Camábannos “terroristas”, pois ben, !! xa abonda !!, as nosas Caixas NA GALIZA, nos enganen ou non, pero algún día houbo que intentalo, meréce a pena, grazas por me enterder, Hermida, ás vecs pra entender de Economía, non fai faia ser economísta(no bo sentido da palabra), mira desgrazadamente, eu estiven en Países Africános, e pódoche dicir que, nunca ocorréuseme falarle de Economía, a un rapaz tirado no chan pola hambruna, ou fame ,( como lle quéiras chamar), por que o rapaz ” !! tiña fame !! “, e non precisamente de “teorías sobre Económicas”, ísa é a diferencia que desgrazadamente, a xente non o percibe, e remato, AS NOSAS CAIXAS QUE FIQUEN NA GALIZAmarusía

    Gústame

  2. Explícanos, Imeneo, como é que esa Lei de Caixas vai impedir que se fagan investimentos fóra e que so se fagan na Galiza, como quere este bo home chamado Marusía.

    Gústame

  3. Acaso non se inviste fóra con capital Galego?, do que se trata é precisamente , de que íses investimentos con “Capital” galego, sexan CONTROLADOS DENDE ,E PARA GALIZA, e nunca deixálos marchar, é dicer, hai fábricas de peixe, que traballan ou están asentadas noutros países, pero a base de control do capital, sexa na Galiza, así de craro , boa noite, e por certo, hai unha empresa da rama do peixe, que agora quere levar as súas Plantas pra fóra do país(galego), pois íste señor, é un “carota”, por que ista dita empresa, cobrou moitos centos de millóns de pesetas e de Euros, da Xunta de Fraga, é dicir, “nosos cartos”, polo tanto íso é o que hai que controlar, boa noite marusíaP.D.- Hermida, non trates de enlear o tema cando non hai argumentos

    Gústame

  4. Hermida bota unha ollada a ísto , Los presidentes de las cuatro diputaciones gallegas, a favor de la integración de las dos cajasLa Voz – Sáb – 6/2/2010 Los cuatro presidentes de diputaciones provinciales de Galicia están de acuerdo en que las dos cajas de la comunidad terminen por fusionarse. A los primeros en manifestarse en esa dirección, los de A Coruña y Pontevedra, se han sumado esta semana los de Lugo y Ourense. Los gobiernos de las dos provincias del norte están presididos por el PSOE, con el apoyo del BNG, mientras las del sur las tutela el PP.Ayer mismo, consultado sobre su parecer sobre la fusión, el presidente de la Diputación de Ourense aseveró que «aliarse con cajas de fuera de la comunidad supondrá que, al final, otras comunidades tengan mayor peso porque Galicia estaría en inferioridad de condiciones». «Los informes técnicos que se conocen hasta el momento dicen que es viable una fusión gallega, con una entidad fuerte y solvente, y no se entiende que se pongan trabas por intereses personales o partidistas en contra de lo que opinan la mayoría de los gallegos», agregó José Luis Baltar Pumar.Su homólogo en Lugo, José Ramón Gómez Besteiro se mostró partidario de la fusión de las cajas gallegas, pero siempre que no se haga por «imposición o absorción». El socialista entiende que las dos cajas juntas sumarían esfuerzos para mejorar Galicia.El primero en mostrarse proclive a la fusión fue el presidente de la Diputación de A Coruña. El socialista Salvador Fernández Moreda, vicepresidente además de Caixa Galicia, cree que es la vía para «una gran caja fuerte y solvente». Para el presidente de la de Pontevedra, Rafael Louzán (PP), «apoyar la fusión garantiza que Galicia sea la sede de una de las pocas cajas».”Impórtame unha figa”, di LosadaPor outra banda, afirmou que lle importa “unha figa” o que opine sobre esta tema o rexedor de Vigo, o tamén socialista Abel Caballero. “A min só me importan os intereses dos coruñeses”, sentenciou o rexedor coruñés e pola contra, avogou por que o Goberno central e autonómico busquen un “punto de encontro”. Así, instou ambas as dúas administracións a “poñerse a dialogar xa” e negociar axiña para atopar unha solución.Bugallo ve moita demagoxiaO alcalde de Santiago, o socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo, asegurou onte que “non apoia” a manifestación convocada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE), contra a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, pero definiu como “un disparate” presentar “como unha agresión” o recurso á Lei de Caixas galega. Respecto a isto, Bugallo matizou que respecta “moito” as decisións de Caballero e do goberno municipal vigués “en defensa do que eles consideran que son os dereitos dos vigueses”. Neste sentido, o rexedor compostelán sinalou que “se está a facer moita demagoxia e unha grande ocultación” sobre o recurso.( e paso á seguinte)

    Gústame

  5. Galiza ten dereitoEstamos asistindo a un proceso de reordenación bancaria, impulsado poloBanco de España e o goberno central, que conleva o risco de que Galiza perdaas súas caixas de aforro pola deslocalización dos seus centros de decisión, eque estas entidades de carácter social se transformen en entidades financeirasprivadas.Frente a este risco, as institucións galegas de autogoberno reaxiron. OParlamento galego adoptou por unanimidade o acordo de establecer comoprioridade o mantemento da galeguidade das caixas, a súa solvencia, e anecesidade de tramitar por urxencia a reforma da Lei galega de Caixas.O Parlamento de Galiza aprobou por ampla maioría unha reforma da Lei deCaixas que democratiza estas institucións, fai a súa xestión máis transparente,reforza as faculdades do autogoberno para defender o sistema financeiropropio e supervisar a actuación das caixas, e que garante que estas entidadessexan efectivamente alavancas de desenvolvimento da economía produtiva doPaís.A resposta do Goberno central a este acto de afirmación do autogobernogalego non pode ser máis desalentadora: presentar un recurso deinconstitucionalidade contra a Lei de Caixas de Galiza que conleva aparalización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas nasituación idonea para que sexan absorbidas por entidades foráneas.Sen a fusión das dúas caixas galegas, Galiza ficaría sen sistema financeiropropio, perdendo un dos principais instrumentos para o seu desenvolvementoeconómico.Conscientes da gravedade da situación, manifestamos:1.- Galiza ten dereito a ter un sistema financeiro eficiente ao servizo doPaís, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital,por tanto, preservar a Lei de Caixas de Galiza.2.- Galiza ten dereito a que o Estado respecte o autogoberno galego.Que non nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando aconstitucionalidade da lei galega, si non se fixo coaa basca, a catalá ou aandaluza. Por que se recurre a nosa e non a deses outros territorios? OGoberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as instituciónsgalegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñencapacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaido paradefender os intereses de todas as galegas e galegos, como ordena o Estatutode Autonomía de Galiza.3.- Galiza ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O gobernocentral tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereitocomo as de calquera outra Comunidade Autónoma para impulsar unha fusióndentro do país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galiza ten dereito apreservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unhafusión paritaria, da que xurda unha Caixa solvente como mellor garantia paraos seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos.Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno eperto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforrodas galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou sedesvíe cara a financiar o desenvolvimento doutros territorios.Galiza debe defender o seu. Ten dereito.———————————–E pra rematar, Hermida, eu , quédome cunha “frase”, por certo moi certa e acertada do noso Portavoz Nacional, que é ísta , ¿ Se Madrid pode modificar unha lei galega , para que queremos Parlamento? case que nos envíen as leis feitas”boa noite GALIZAmarusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.