vîcus,î : aldea

Se hai uns anos o paradigma do localismo máis paleto era A Coruña e o seu Alcalde Francisco Vázquez, en 2010 o localismo máis repelente e anti-galego trasladouse á cidade de Vigo, tendo de mascarón de proa a outro Alcalde, Abel Caballero, tamén, igual que o anterior, do PSOE.

Pode ser oportunismo político para aproveitar o tema das caixas con fins electoralistas, pero despois do “Tranquilos coruñeses que el humo va para Ferrol” que dixo o Paco Vázquez cando ardeu o “Aegean Sean” na Coruña, onte a Galiza máis insolidaria e anti-galega desfilou onte polas rúas de Vigo, para amosar o rexeitamento á fusión das caixas galegas, mais non a calquera outra fusión con caixas de fóra.

Os que se manifestaron con boa fe contra a fusión crendo que así defendían Vigo, que dirán cando vexan que o centro de decisión de Caixa Nova vaia para Madrid, Murcia ou Albacete? Que fará o “Caballerito” cando esa obra social que di defender invista na cidade a metade ou a cuarta parte do que agora porque hai que encher de contidos os outros centros de decisión das caixas? E que dirá o Caballero cando os aforros dos vigueses, no canto de investirse en Vigo financien obras en Cuenca?.

Vigo (vîcus,î : aldea) vive ancorado entre o mar e os montes que o rodean, nunha especie de muro mental, illados do resto de Galiza e do mundo. A manifestación de onte é boa proba de que psicoloxicamente son incapaces de ver máis alá.
Compárteo

10 opiniones sobre “vîcus,î : aldea

  1. Tes razón no que dis. Mais tamén tiñas que mirar para a túa casa, e así:1) reprender o localismo de Lores, que tamén mexou fóra de testo moitas veces.2) romper o pacto de goberno en Vigo.Se non propós isto a Pacu Rodrigues, mellor que cales, meu.

    Gústame

  2. Bo artigo o de Imeneo, a mín só restame engadir que, Caixa de Pontevedra, Caixa Ourense e Caixa Vigo = Caixa Nova , ¿ algún problema desta fusión ? ¿ onde se atopaba o “Sr. Caballero, Don Dinero”, para saír á rúa, e protestar pola fusión das tres Caixas ?, ah…xa séi, estaba de Menistro con Felipe ?, sí, de Menistro, e que NUNCA fixo mención da Galiza , e agora de alcalde-feudal, “morre” pola defensa de ” su VIGO” ????, párteseme a faciana de tantas bágos, que emotivo, ollar toda a provincia de Pontevedra, nas rúas de Vigo,(estimación a boca chea do señor alcalde), máis de 300.000 manifestantes ???, pero según o Psoe de Vigo…83.312 manifestantes, ! cona !, pero Caballero, non é do Psoe ??, canta soberbia ten o Caballero, pero o que máis doe é isto, do El País, ( paso á seguinte )

    Gústame

  3. 300.000″ los participantes.Otros parecían más despistados, como los que sostenían una pancarta anunciando la Marcha Mundial por la Paz y la No Violencia. “Señores, esta pancarta desentona”, les dijo un policía local. “Es que el alcalde nos pidió que participásemos y no teníamos otra cosa”, se disculparon. Una charanga de tamborileros encabezaba la marcha.Caballero vinculó el liderazgo de Vigo en Galicia a la labor de Caixanova y apostó por continuar en ese papel “en Galicia y en España, sin privilegios pero sin trabas”. Cifró en 300.000 personas la asistencia.Mientras, la gente se apiñaba alrededor de la estatua del Sireno al grito de “Nunca máis” y “Vigo sí, Coruña no”.Poco antes de terminar, los policías locales no se atrevían a hacer una estimación: “Lo vais a manipular. Unos dirán que 30.000 y otros la mitad, dependiendo de quien lo escriba”. Al final cedían: “Serán entre 20.000 y 25.000 más o menos”. En menos de dos horas todo había terminado. “Todo Vigo ha salido a la calle”, resumía triunfal el equipo socialista. “Hoy aquí somos uno, hoy aquí somos Vigo”, terminaba el manifiesto.Como comprobaredes, noutros tempos ( e agora), a íso chámaselle ” separatismo “marusía

    Gústame

  4. Esquecín do “titular ” do El País20.000 vigueses secundan la llamada de Caballero en contra de la fusiónMandos de Caixanova y dirigentes vecinales arropan al alcalde en la marcha.- Los organizadores de la marcha aseguran que la fusión destruiría la obra social M. FERNÁNDEZ / P. CARBAJO – Vigo – Mérc.- 10/02/2010 – ELPAIS.comabur

    Gústame

  5. A ver Hermida, tí, estivéches a favor da fusión de Caixa Vigo, Caixa Ourense e Caixa Pontevedra ?, o que está a argallando o “sr. Caballero” en Vigo é “un baño de multitudes” , e íso leva a un futuro FEUDALÍSMO, ao tempo, meu , por certo, eu vai uns meses, abrin unha conta en CaixaNova, pero eu non vou facer o mesmo que tí, nen o mesmo que o “sr. Caballero”, a miña conta seguirá en CaixaNova, por que CaixaNova….É de tódolos Galeg@s, é máis, saberás que o “Caballero” foi “Menistro” con Felipe(González), ¿ e sabes que fixo por Galiza ?, pois voucho dicir alto e craro , !! NAAAAADDDAAAAAA !! , !! NEN UN REN !!, polo tanto, ¿ a que ven agora defender VIGO, de maneira FEUDAL ? se nen sequer ten “Conta en Caixa Nova ?, polo ben da GALIZA , SÍ Á FUSIÓN , por que GALIZA…TEN DEREITO !!, boa noite , por certo , Paco, a ver mañán que din as catro Deputacións da Galiza, e os Alcaldes de Coruña , Santiago , etc, etc, etc, por certo , tamén son do Psoe, pero non opinan igual que él, saúde

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.