O 8 de marzo non é unha entroidada

Onte, Día Internacional da Muller, como cada ano, como se fora un ritual semellante a tomar as uvas o día de fin de ano ou ao entroido, sucedéronse polo mundo adiante actos de reivindicativos do papel da muller na sociedade e de denuncia do longo treito que resta até acadar a igualdade real de dereitos e deberes entre homes e mulleres.

O Executivo Galego do PP, co seu Presidente á cabeza, promocionaron, á súa maneira, esta data. Máis que un ritual de declaracións de intencións baleiras, o Partido Popular tomou o 8 de marzo como unha entroidada, como se pode ver na foto que ilustra este post. Se o PP quere promover e defender a igualdade entre homes e mulleres o primeiro que debe facer é destituír a un Conselleiro calquera -o de Educación ou de Cultura, tanto ten- e nomear a unha muller, para igualar o número de homes e mulleres no Consello da Xunta. Un pequeno detalle, nada máis. Claro que iso non impide que acabaran facendo unha entroidada no Día Internacional da Muller, porque a igualdade entre homes e mulleres non se exhibe -esperpenticamente, como neste caso-, practícase e punto.

3 opiniones sobre “O 8 de marzo non é unha entroidada

  1. Sr. Conselleiro, mire unha cousa, a vostede, parecelle que despóis do que está acontecendo na Galiza, e o digo polos despedimentos de mulleres Galegas,que nestes 12 meses, non deixan de engrosar as “listas do desemprego” e precisamente, competencia da súa Consellaria, ¿ a vostede parecelle que É PRA TOMALO CON IRONÍA E BO HUMOR ?, por favor , DEMITAN DUNHA PUÑETERA VEZ , e non se mofen das mulleres que están desempregadas, e as que non, pouco lles queda , mala noite, sr. Conselleiro, e o dos globos, pois que quer que lle diga, que efectivamente , habería que LLE POÑER O GLOBO, por que o que fixeron é de xulgado de garda, ANIMALIÑOSmarusía

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.