A Nosa Terra: de voceiro do nacionalismo a voceiro do españolismo

Teño na miña casa gardados como se fora ouro varias publicacións de A Nosa Terra adicadas a varios dos referentes do nacionalismo galego. Teño o “Castelao e Bóveda, Irmáns!!”, o especial de Carbalho Calero, Seoane, Eduardo Pondal, Eduardo Blanco Amor… entre outras publicacións desta editorial. Todas elas servíronme para formarme como nacionalista, nun contexto dominado por publicacións e medios de comunicación furibundamente anti-nacionalistas ou españolistas.

Por iso vexo con profunda preocupación a deriva editorial deste xornal, o A Nosa Terra, que naceu sendo o voceiro do Partido Galeguista. Certo é que o este partido hai moitos anos que non existe como tal, mais este xornal e a súa editorial foron levantados cos esforzos económicos e persoais de moitos nacionalistas, entre eles eu, que estiven subscrito durante moitos anos ao seu xornal semanal, e soportaba estoicamente que me cobraran antes de enviarme algúns dos libros que publicaban.

Non é a primeira vez que adico un post a esta cuestión, mais desta volta quixeran afondar nela, xa que é unha mágoa que un xornal que foi o voceiro do nacionalismo galego, tornouse agora no voceiro do españolismo, en concreto do PSOE, e aos feitos me remito.

Das 22 noticias de actualidade que había en portada hoxe pola mañá, 16 refírense directa ou indirectamente aos tres partidos con representación parlamentar (PP, PSOE e BNG). Destas 16, 7 (43,75%) refírense ao PP ou Xunta de Galiza, 7 (43,75%) ao PSOE e 2 (12,5%) ao BNG. Se o comparamos cos resultados das eleccións galegas de 2009 vemos que ao PP quítalle un 3,34%, ao PSOE dálle un 14,42% e ao BNG quítalle tamén un 4,07% das noticias. Está claro pois que sae gañando se o comparamos co representación no Parlamento Galego: o PSOE.

Os datos anteriormente expostos son irrefutábeis, A Nosa Terra pasou de ser o voceiro do nacionalismo galego a ser o voceiro do PSOE, concretamente da sucursal galega.

13 thoughts on “A Nosa Terra: de voceiro do nacionalismo a voceiro do españolismo

  1. Vale Anónimo, pois a ver se che gosta deste xeito , Cando di BNG, refírese a ese partido co que sempre pacta o PSOE , independentemente das políticas concretas que realice?unha aperta marusía

    Gústame

  2. Veña, home, xa vos estades volvendo máis paranoicos aínda os da UPG? Querédelo acaparar todo. Pero para que queredes ANT se xa tedes a LVG, GZNación e Terra e Tempo dixital (ou como se chame)?

    Gústame

  3. Imeneo, Hermida, refírese a isto ?” La Otra Voz de Galicia ” , entra e verás, Hermida , unha aperta , e por certo, o de LVG , pareceme que é unha canción Mexicana, que dicía máis ou menos así , La Virgen de Guadalupe……, veña , boa noitemarusía

    Gústame

  4. Caranio, Imeneo, todo o mundo se ten dado conta do idilio Paco Rodríguez/Guillerme Vázquez con LVG menos ti. Outra cousa é que acabe en sexo, que o dubido.

    Gústame

  5. Si, ho! un idiolio platónico, non hai máis que ver as noticias que hai referidas ao BNG para decartarse que acabarán en boda!Pero ti analizaches as noticias que saen? Por exemplo…Hoxe: só hai unha noticia compartida co PSOEhttp://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/15/0003_8356281.htmOnte domingo:http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/14/0003_8354316.htmSábado:NingunhaVenres:Unha, pero sobre o posicionamento de +BNGhttp://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/03/12/0003_8350390.htmE podería seguir…É este o idiolio do que falas?La Voz de Galicia só saca as trapalladas internas, do resto nada, que é o que lle interesa á xente.

    Gústame

  6. As túas mostras non son estatisticamente significativas, Imeneo, deberías sabelo. O voso líder Guillerme ten sido entrevistado varias veces e escrito varios artigos en LVG, o mesmo que Callón. Se tanto vos putean, por que fan iso? Por que o chavalito ese liberado da UPG de barbita ten escrito xustificando a colaboración con LVG? Onde queda o famoso BoiCoz que ti pregonabas?Ademais, por que outras partes do BNG teñen denunciado a entente UPG/LVG? A resposta está no vento, non?

    Gústame

  7. E , ísas outras “partes”, nunca lle fixeron entrevistas ?, que ganas de abanear cando vai friaxe, ademáis, mira de un mes para acó, e conprobarás as “entrevistas” que lle fixeron a “ísas partes” , tamén, é máis, agora , xa sae Méndez Ferrín tamén apertándose có Baltar (pai), quen o ía dicir, verdade ?, e como ben dí Imeneo, cada vez que saia o BNG na Coz, o 90% da noticia, é “destructiva”, polo tanto , perxudicial pra o BNG,veña Hermida, unha aperta ¿ tirámonos ó monte ? , por certo o Nordés, por fin amainou, agora veñen uns días de bo tempo, e despóis outra vez, a chover, saúdos, e , QUEREMOS GALEGO , NIN UN PASO ATRÁSmarusía

    Gústame

  8. Por certo Hermida, ¿e tí como sabes que hai novas ( constructívas ou destructívas ), do BNG na Coz ? , non será que tí, tamén mercas a Coz ?, deixa de amolar andamarusía

    Gústame

  9. Fai un repaso polas novas da Voz de Galicia e logo falamos. Podería repasar toda a semana e seguro que as novas referidas ao BNG sobraríame unha man para contalas.O mesmo che digo sobre a miña opinión sobre La Voz, así como o resto dos medios.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s